Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Medio centenar de participantes Concurso Nacional de Saltos esta fin de semana

Medio centenar de participantes Concurso Nacional de Saltos esta fin de semana

- Anuncio -

As instalacións de Equigalia acollerá as probas dende o venres até o domingo

As instalacións do Club Hípico Equigalia acollerán esta fin de semana un Concurso Nacional de Saltos que vai reunir a medio centenar de destacados xinetes e amazonas.

Este evento hípico organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui foi presentado este mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, a presidenta do Club Hípico Equigalia, Elvira Crespo Conde, a directora do Concurso, Paula López Crespo, a secretaria do Club Hípico Equigalia, Natalia Blanco Díaz e o vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran Castel.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a súa satisfacción pola celebración en Tui dunha proba desta categoría, lembrando que a cultura equina conta en Tui e na contorna con gran tradición. Transmitiu á organización o agradecemento polo labor que realizan e por esta celebrar en Tui esta proba nacional. Fixo un chamamento ao público a achegarse até as instalacións de Equigalia e gozar deste evento deportivo.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Daniel Benavide, salientou coma a hípica é un deporte que contribúe a afianzar a poboación no rural. Engadiu que en Galicia somos referentes neste deporte, e aportou coma dato que a comunidade conta ocupa o cuarto posto a nivel nacional no número de licencias neste deporte. Tamén indicou que Tui é un exemplo para moitas localidades no mundo do deportes e nos eventos deportivos que acolle.

O vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran, explicou que en Tui daranse cita medio centenar de participantes e haberá un centenar de saídas a pista nas distintas modalidades entre as que estarán os saltos a 1,10 m, 1,20 m e 1,30 m.

Elvira Crespo, a presidenta do Club Hípico Equigalia, salientou coma esta Concurso Nacional era o soño do seu marido, Luís Pimental, que esta fin de semana se vai facer realidade. Destacaba que será un espectáculo ao que convidaba a asistir. Paula López, a directora do Concurso, quixo salientar o nivel de xinetes e amazonas que competirán, tamén coma será unha oportunidade para o alumnado da escola de Equigalia que tamén acudirá ao concurso. Amais salientaba coma na fin de semana con motivo deste evento haberá nas propias instalacións eventos festivos e gastronómicos.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas