Home Pontevedra O Condado O IES Val do Tea abre a inscrición para o curso gratuíto...

O IES Val do Tea abre a inscrición para o curso gratuíto de capacitación dixital para adultos

- Anuncio -

O curso impartirase os meses de setembro, outubro e novembro en quendas de mañá e tarde e permitirá obter unha certificación europea

O Instituto de Ensino Secundario Val do Tea de Ponteareas abre o prazo para inscribirse no curso de “capacitación dixital para as persoas adultas”. Implicados no fomento da aprendizaxe continua, o IES Val do Tea convida a toda a cidadanía a seguir formándose a través dun curso no que adquirir habilidades para relacionarnos coas distintas administracións con ferramentas electrónicas pero tamén para actualizar o noso curriculum e coñecementos.

Avanzar na alfabetización dixital e facilitar o día a día das persoas son os obxectivos deste curso no que aprenderemos a xestionar citas médicas, realizar a declaración da renda ou obter unha clave PIN ou a chave 365 precisas para acceder ao sistema. Ademais, tomaremos contacto coa economía circular e adquiriremos soltura no manexo da banca electrónica. Entre os contidos do curso tamén está o emprego da informática no ámbito laboral, a navegación segura nas redes sociais ou a xestión de información na nube.

Os recursos dixitais son unha importante ferramenta para axilizar xestións e relacionarnos as 24 horas coas distintas administracións públicas. Intuitivas e máis doadas do que semellan, permiten que calquera persoa poida a calquera hora dos sete días da semana realizar solicitudes ou tramitacións evitando desprazamentos e perda de tempo.

Calquera idade é boa para seguir aprendendo, con esta premisa o IES Val do Tea convida a todas as persoas a realizar este curso de capacitación dixital co que obterán unha certificación europea. O centro anima a todas as persoas a actualizar os seus coñecementos e, especialmente, ás nais e pais ou avós e avoas que aforrarán tempo á vez que acompañan o crecemento das súas fillas e fillos cun coñecemento máis profundo das posibilidades e riscos que ofrece a rede.

Organizados en quendas de mañá e tarde o curso é gratuíto e as persoas interesadas deberán inscribirse ou de xeito presencial no centro educativo, ou no número de teléfono 886 110 513 ou a través do enderezo electrónico ies.val.do.tea@edu.xunta.gal

As prazas para este curso, financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional co apoio dos fondos europeos Next Generation, son limitadas.

No IES Val do Tea ofértase a Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharalato en distintas modalidades, Ensino Secundario para Adultos (ESA) e alberga unha sección da Escola Oficial de Idiomas.

Con esta nova iniciativa o IES Val do Tea contribúe na redución da fenda dixital e amosa o seu compromiso co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS, concretamente co novo obxectivo de educación mundial ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas e todos (Organización de las Naciones Unidas para la Cultura, las Ciencias y la Educación, UNESCO 20230)

Relacionadas

O luns abre o prazo de inscricción para o Campamento de Nadal

0
● Poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2024...

O BNG presenta as enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza

0
As emendas presentadas polo BNG inclúen a mellora do transporte público, a creación de novos viais, o abastecemento de auga e saneamento en núcleos...

A Deputación leva este domingo ao Rosal o circuíto +Escénicas con “DeseXo”, de Talía...

0
O espectáculo de teatro xuvenil e adulto poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con...

O Congreso aproba unha iniciativa do PP para que en Pontevedra constrúase unha nova...

0
• A deputada do GPP, Irene Garrido, defendeu a necesidade de crear unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Pontevedra que reforce a...

A Deputación leva ata Cerdedo-Cotobade un ciclo de curtametraxes no marco do Ciclo Mestre...

0
As pezas poderán verse este domingo no centro cultural de Cerdedo ás 18:30 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega...

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

Publicacións Relacionadas