Home A Coruña A Xunta destaca a aposta de conservas Cerqueira pola innovación coa nova...

A Xunta destaca a aposta de conservas Cerqueira pola innovación coa nova planta de transformación de productos do mar no concello de Rianxo

- Anuncio -

― O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na inauguración do novo centro de produción operativo desde xullo que prevé dar emprego a 250 persoas e no que a Xunta colaborou con axudas por valor de case 12M€


― Diego Calvo puxo en valor o aumento da competitividade da empresa con esta planta e a de Vigo, a creación de emprego para as familias da comarca do Barbanza e o fomento de tecnoloxías respectuosas co medio ambiente cun pioneiro proceso de reutilización e tratamento de augas residuais


― Destacou o apoio do Goberno galego ao sector de transformación de peixe e marisco coas medidas do Plan estratéxico da industria conserveira 2022-2030 e coa mobilización de 135M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe xunto co conselleiro do Mar, Alfonso Villares na inauguración da nova planta da empresa Conservas Cerqueira no polígono industrial de Té de Rianxo, que xa leva funcionando desde o pasado xullo dando emprego a un cento de persoas. Segundo a conserveira, prevese dar emprego 250 traballadores nos próximos anos.

A posta en marcha das instalacións supuxo un investimento superior de 28 millóns de euros, dos que a Xunta achegou preto de 12 millóns a través de distintas liñas de axudas da Consellería do Mar. A nova planta, cunha superficie de 18.000 metros cadrados, asume a produción da fábrica que ata agora operaba en Ribeira destinada á actividade de procesado e envasado de mariscos e coa incorporación de novas liñas de produción. Así, co novo centro de Rianxo e o que segue a funcionar en Vigo, conservas Cerqueira aumentará a súa competitividade.

Diego Calvo puxo en valor a aposta da empresa galega pola innovación e o uso das novas tecnoloxías co obxectivo de cumprir coas esixencias en materia medioambiental e de sustentabilidade con medidas respectuosas ca contorna. Deste xeito, destacou que co novidoso proxecto de reutilización e tratamento de augas industriais e de aproveitamento da calor optimizarase a eficiencia enerxética.

Nesta liña, o vicepresidente primeiro incidiu na importancia do sector do procesado e da transformación de recursos pesqueiros. Puxo a Conservas Cerqueira como exemplo de empresa consolidada que, nos seus máis de 130 anos de traxectoria, serviu de base para levantar un sólido tecido empresarial que sitúe na actualidade a Galicia como líder e referente a nivel internacional na transformación e comercialización dos produtos do mar grazas ao fomento de sustentabilidade, innovación e calidade.

Diego Calvo tamén felicitou á compañía polo seu compromiso con Galicia por xerar emprego e dotar de valor engadido aos produtos extraídos pola xente do mar a través da modernización das súas infraestruturas.

Na súa visita incidiu no pulo do sector conserveiro galego que traballa por seguir liderando o mercado da man da innovación e dos estándares de calidade como avalan as cifras de exportacións de conservas. De feito, Galicia representa case o 75% das exportacións en España de conserva de peixe e marisco coa distribución a 130 países. Destaca o peso de Conservas Cerqueira que, cunha produción de 40 millóns de latas anuais se sitúa entre as 20 empresas de maior produción de conservas de España, con Europa, Asia, Norte e Sudamérica como os principais mercados aos que se distribúen.

Para o vicepresidente primeiro, o sector do mar contribúe a afianzar a marca Galicia como sinónimo de credibilidade e de calidade. Nese obxectivo, e no caso concreto do sector conserveiro, a Xunta conta cunha folla de ruta para os próximos anos. Trátase do Plan estratéxico da industria conserveira 2022-2030 con máis de 80 medidas, ao que se suma ademais unha importante mobilización de recursos para materializar o valor engadido que se pretende xerar co plan.

A Xunta está a mobilizar nos últimos anos 135 millóns de euros en apoio ao sector transformador como o das conservas. Ademais deste investimento, o Goberno galego avoga por dotar de seguridade xurídica as empresas coa aprobación da pioneira Lei de ordenación e xestión integrada do litoral, que converteu a Galicia na primeira comunidade que regula a franxa costeira en toda a súa extensión identificando os usos e actividades estratéxicas.

Relacionadas

O colexio Apóstolo Santiago achégase a Terra de vida

0
O centro de ensino compostelán participou o martes nos obradoiros ambientais promovidos polo Concello de San Sadurniño e Rexenerando Rapazada do colexio Apóstolo Santiago visitou...

Camión envorcado na N-VI ao seu paso polo concello de Coirós

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 13:00 horas deste mediodía dunha incidencia que involucrou a un camión...

Xosé Merelles anima a explorar “os retos e oportunidades” do Camiño no horizonte do...

0
O director de Turismo de Galicia participa en Mondoñedo na inauguración do encontro ‘Os Camiños de Santiago en Galicia, o seu coñecemento e divulgación’ O...

Constituido o Posto de Mando Avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de case...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a...

A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións...

0
Ángeles Vázquez subliña a importancia de dispoñer dun sistema automático de medición en tempo real xa que ofrece información clave para o seguimento de...

A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e...

0
Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o PERTE para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe...

Publicacións Relacionadas