Home A Coruña A CMAT participa no Principado de Asturias nunha xornada de intercambio de...

A CMAT participa no Principado de Asturias nunha xornada de intercambio de Boas Prácticas no Turismo Rural, o Astroturismo e a Calidade Turística para a mellora da competitividade

- Anuncio -

Unha delegación da Costa da Morte Asociación Turística coñece sobre o terreo a experiencia das asociacións de turismo rural asturianas, os proxectos de astroturismo e o modelo de Xixón sobre calidade turística

Representantes da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), participaron o pasado fin de semana (28 e 29/09/2023) na Xornada de Intercambio de Boas Prácticas no Turismo Rural, o Astroturismo e a Calidade Turística entre destinos, actividade cofinanciada pola Deputación da Coruña, dentro das axudas a entes de xestión turística da provincia concedidas á CMAT para 2023.

A delegación da CMAT estaba composta pola súa vicepresidenta e concelleira de Turismo en Dumbría, María Lema Santabaya; o tesoureiro e rexedor de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez; o secretario da Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) e vogal na CMAT, Damián Álvarez; e Catherine García, do equipo da Secretaría Técnica da entidade.

“Este encontro serviu para o intercambio de ideas e para recoller boas prácticas aplicables na Costa da Morte, adaptándoas ao noso territorio e idiosincrasia”, destaca María Lema, vicepresidenta da CMAT, quen detalla que “a experiencia de coñecer outros modelos de xestión e proxectos turísticos sobre o terreo foi enriquecedora para todas as partes e permitiunos non só aprender destes, senón tamén espallar a marca Costa da Morte máis aló das nosas fronteiras”.

A visita comezou en Luarca, onde mantiveron un encontro coa presidenta da asociación Más Luarca Valdés, Delfina Pérez; o xeólogo e promotor do xeoparque Pizarras de Luarca, Alberto Urrusuno; a doutora en Astronomía e iniciadora do proxecto Allande Stars, Lucía González Cuesta; e Faustino García, do aloxamento de Turismo Rural e Astronómico L’Observatoriu. Con este grupo, intercambiáronse experiencias, éxitos e aprendizaxes na xestión e planificación do turismo de natureza no territorio, así como do emprendemento vencellado ao turismo astronómico, rural, xeolóxico e o ecoturismo. José Muíño considera que “este tipo de actividades enriquece a todas as partes, xa que tivemos oportunidade de trasladar como traballamos desde Costa da Morte no eido do astroturismo, como se acadou o distintivo de Destino Turístico Starlight e os pasos que estamos a dar tanto no ámbito da iluminación pública intelixente coma no da creación de actividades e produtos turísticos baseados no ceo e nas estrelas”.

O asociacionismo a través do Turismo Rural

Posteriormente, celebrouse un encontro con parte da xunta directiva da Asociación Rexional de Casas de Aldea (ARCA), integrada en OTEA Hostelería y Turismo en Asturias, para coñecer de primeira man a súa experiencia en torno ao asociacionismo. Participaron nesta reunión Jaime García, presidente de ARCA; Sandra Núñez, secretaria da asociación e outros representantes dos eidos do agroturismo, silvicultura, apartamentos rurais e casas de aldea.

A través das súas explicacións, púidose entender cales son os seus obxectivos como asociación, como traballan en coordinación co resto do sector e que tipos de actividades desenvolven para os seus socios, así como para xerar un impacto no rural a través do turismo. Damián Álvarez asegura que “foi moi valioso e práctico coñecer os inicios dunha asociación tan consolidada coma ARCA, e puidemos establecer conexións co momento tan importante que estamos a vivir actualmente en APTCM, onde continuar crecendo para gañar representatividade e poder conseguir máis vantaxes para os nosos socios e socias e para o desenvolvemento do turismo da Costa da Morte é crucial”.

Calidade Turística SICTED

Seguidamente, reuníronse en Xixón con Daniel Martínez, director de “Visita Xixón”; María Ángeles Alonso, da área de Desenvolvemento Empresarial; e Carmen Río, da área de Visita Xixón Profesional. A empresa municipal de Promoción Empresarial e Turística de Xixón é un referente na implantación do Sistema Integral de Calidade Turística, SICTED, ao que Costa da Morte acaba de adherirse este ano, polo que a CMAT puido coñecer de preto como naceu o proxecto en Xixón, como evolucionou, medrou e se transformou, ata derivar no que hoxe é Visita Xixón Profesional. Tamén se extraeron conclusións interesantes e consellos á hora de abordar as primeiras fases de implantación dun sistema de calidade nun destino. Así mesmo, afondouse no rendemento e beneficios que o empresariado turístico da cidade lle saca á adhesión como membros e en que proxectos están traballando.

Transformación Dixital

Para poñer fin ao día, a delegación da CMAT mantivo unha xuntanza con Vanina E. Posada, consultora turística asturiana con dilatada experiencia en formación e asesoramento en procesos de dixitalización do sector turístico, da que a CMAT puido recoller información sobre as necesidades e tendencias nesta liña.

Astroturismo

A reunión con Santiago Izquierdo, presidente da Sociedade Astronómica Asturiana OMEGA, pechou a Xornada de Intercambio de Boas Prácticas. Nela afondouse sobre as motivacións e necesidades deste tipo de entidades e das persoas afeccionadas á astronomía á hora de viaxar para a contemplación do ceo e doutros acontecementos astronómicos, información relevante para a CMAT logo de que a Costa da Morte fose certificada como Destino Turístico Starlight en xaneiro deste ano 2023.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas