Home A Coruña Román Rodríguez felicita os centros gañaores dos premios nacionais de Clubs de...

Román Rodríguez felicita os centros gañaores dos premios nacionais de Clubs de Lectura por situar ás bibliotecas escolares galegas á vangarda de España

- Anuncio -

— O conselleiro de Educación gaba o traballo feito desde os centros para que Galicia sexa unha Comunidade referente en lectura infantil e xuvenil

— Galicia acada 11 dos 41 galardóns estatais, cun primeiro premio para o Colexio CEIP de Curtis, ademais de diversos recoñecementos para centros de Boiro, Brión, Bueu, Carral, A Coruña, Fisterra, O Grove, A Lama, Ourense e Quiroga

— A Xunta volve apostar polo programa de Clubs de Lectura este curso, cunha nova convocatoria para incorporar case medio cento de centros

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recibiu hoxe na Cidade da Cultura os centros galardoados cos premios nacionais aos Clubs de Lectura, nos que Galicia destaca ao recibir 11 dos 41 concedidos en toda España. O representante autonómico felicitounos por situar ás bibliotecas escolares galegas á vangarda de España, consolidándoas como referente de calidade a nivel estatal.

O titular do departamento educativo do Goberno galego puxo en valor a importancia do traballo que se fai nos centros educativos para que Galicia sexa unha Comunidade referente en lectura infantil e xuvenil, como así o demostran os resultados do último informe PISA, que nos colocan no terceiro posto do país. “A lectura é un dos principais vehículos de transmisión de coñecemento e un valioso recurso para a ensinanza”, afirmou o conselleiro.

Román Rodríguez lembrou, ademais, que a Xunta volve apostar este curso polos Clubs de Lectura, cunha nova convocatoria, xa en marcha, para incorporar case medio cento de centros. Deste xeito, está previsto que participen neste programa un total de 450 colexios e institutos. Como é habitual, á hora de integrar centros no programa valóranse especialmente as iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega e que busquen contribuír a un maior vínculo do alumnado coa literatura galega, así como as que fomentan a diversidade.

Tamén están abertas, ata o 17 de outubro, as convocatorias doutros tres programas enmarcados no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe): Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias.


O 27% dos premios estatais
Os 11 centros galegos galardoados supoñen case o 27% do total de 41 premios correspondentes ao curso 2022/23 outorgados polo Ministerio de Educación aos Clubs de Lectura. Estes premios teñen o obxectivo de recoñecer o potencial destes grupos como elemento destacado para o fomento da lectura entre os membros da comunidade educativa e o seu papel como factor dinamizador das actividades da biblioteca escolar.

Premio Provincia Concello Centro Modalidade e categoría

PremioProvinciaConcello Centro Modalidade e categoría
PrimeiroA CoruñaCurtisCEIP de CurtisModalidade A. Municipios de menos de 5.000 habitantes
SegundoA CoruñaBriónIES de BriónModalidade B. Municipios de máis de 5.000 habitantes
SegundoLugoQuirogaIES de QuirogaModalidade B. Municipios de menos de 5.000 habitantes
SegundoOurenseOurenseCEIP Plurilingüe Manuel SueiroModalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes
SegundoPontevedraA LamaCentro de Promoción de Adultos Nelson MandelaModalidade B. Municipios de menos de 5.000 habitantes
TerceiroA CoruñaA CoruñaCEIP Emilia Pardo BazánModalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes
TerceiroA CoruñaBoiroIES EspiñeiraModalidade B. Municipios de máis de 5.000 habitantes
TerceiroA CoruñaCarralCEIP Plurilingüe Vicente Otero ValcárcelModalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes
TerceiroA CoruñaFisterraCPR Ntra. Sra.
del Carmen
Modalidade B. Municipios de menos de 5.000 habitantes
TerceiroPontevedraBueuCEIP Plurilingüe MontemogosModalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes
TerceiroPontevedraO GroveCEIP As BizocasModalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes



Terceiro Pontevedra O Grove CEIP As Bizocas Modalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes
Na categoría de centros de Infantil e Primaria, o Colexio CEIP de Curtis fíxose co primeiro premio a nivel nacional, mentres que o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro (Ourense) obtivo un segundo premio e os colexios CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña), CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel (Carral), CEIP Plurilingüe Montemogos (Bueu) e CEIP As Bizocas se alzaron con senllos terceiros premios.
Na categoría de Secundaria, acadaron segundos premios os institutos IES de Brión e IES de Quiroga, dos concellos do mesmo nome, así como o Centro de Promoción de Adultos Nelson Mandela (do centro penintenciario da Lama). Ademais, acadaron terceiros premios o Instituto IES Espiñeira (Boiro) e o Colexio CPR Ntra .Sra. del Carmen (Fisterra).

Relacionadas

O bravú celebra os seus 30 anos mañá no Colón cun documental e un...

0
O Goberno de Inés Rey promove este evento no que se proxectará un documental e haberá unha actuación de Orquestra Bravú Xangai con moitas...

Unhas 900 persoas acudirán mañá á “XXXV Gala do Deporte de Narón” no Pazo...

0
O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá unha nova edición, a trixésimo quinta, da “Gala do Deporte de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro,...

O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre...

0
A Asociación micolóxica Viriato organiza a próxima semana, coa colaboración do Concello, as “IV Xornadas micolóxicas de Neda”. Trátase dunha actividade gratuíta de iniciación...

Neda desenvolverá a vindeira semana unha nova edición das súas Xornadas micolóxicas

0
O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre a Asociación Viriato e o Concello A Asociación micolóxica Viriato organiza...

Cariño conmemorará o 25N coa lectura dun manifesto, unha marcha e un taller formativo...

0
• O Concello participa este ano nunha campaña conxunta con Mañón, Cerdido e Ortigueira. O Concello de Cariño conmemorará o 25N, Día Internacional para a...

Veciñanza da Pobra elabora xabóns ao abeiro dos obradoiros de artesanía Feito coas túas...

0
O obradoiro de confección de xabóns impartido por Flow de Meiga marca o final do programa Feito coas túas mans, impulsado pola Concellaría da...

Publicacións Relacionadas