Home Ourense Allariz-Maceda A Xunta pon en valor en Baños de Molgas o medio milleiro...

A Xunta pon en valor en Baños de Molgas o medio milleiro de ofertas de traballo dispoñibles no marco do programa “Retorna Cualifica Emprego”

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe nun foro sobre este programa da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 organizado polo Concello de Baños de Molgas e a Fundación Nortempo


― O Goberno autonómico ofrece axudas formativas, para a viaxe e para o establecemento en Galicia a disposición dos residentes no exterior con ganas de retornar, co gallo de que poidan ocupar as vacantes laborais existentes


― No acto púxose en valor o interese destas persoas pola Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con tres polos activos na provincia ourensá que, en breve, contará cun novo centro en Baños de Molgas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe nun foro sobre o Programa Retorna Cualifica Emprego organizado polo Concello de Baños de Molgas e a Fundación Nortempo, entidade colaboradora para o seu desenvolvemento. Na actualidade hai arredor de medio milleiro de ofertas de traballo dispoñibles no marco deste programa englobado na Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, e están empezando a chegar os primeiros residentes no exterior para cubrilas, tamén á provincia de Ourense.
Esta aposta está dotada con case 4 millóns de euros para que as persoas interesadas poidan volver a Galicia cun contrato estable, conectando así perfís con distintas cualificacións de fóra con vacantes laborais en Galicia de sectores como a construción, o transporte, a hostalaría ou a tecnoloxía.
Así, o programa inclúe accións formativas para a adquisición de capacidades relacionadas co posto que se vai ocupar, ao que se incorporarán cun contrato indefinido. Tamén se sufragarán os gastos de traslado e concédese unha axuda de 1.300 euros para o inicio da vida na nosa Comunidade, de xeito individual ou coa familia.
De cara ao establecemento en Galicia, no acto púxose de relevo o interese de moitos residentes no exterior na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con 10 activos na actualidade. Precisamente Baños de Molgas acollerá antes de que remate o ano un destes centros, que virá completar os servizos xa dispoñibles na provincia ourensá (en Verín, O Carballiño e O Barco de Valdeorras, este último que se inaugurará en breve).
Cómpre destacar que, co retorno de persoas residentes no exterior, conséguese avanzar na xeración de emprego e no incremento da poboación activa en Galicia, dando resposta ás necesidades do tecido produtivo galego ao tempo que se fixa poboación no rural.

Relacionadas

A Xunta licita por 910.000€ a segunda fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Francisco...

0
— A obra inclúe o cambio de fiestras, o illamento térmico da fachada e obras de reorganización do centro, entre outras melloras — Enmárcase na...

A Xunta licita por máis de 1,6M€ a rehabilitación integral do ColexioPedro Barrié de la...

0
— A obra inclúe o cambio de cuberta e o illamento térmico da fachada, entre outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do centro —...

O Concello aproba o expediente para contratar o servizo de recollida de residuos e...

0
O contrato será por 10 anos, cun orzamento anual de 15.995.000 euros Con esta licitación, o goberno municipal pretende “manter e mellorar a calidade dun...

A Xunt destaca en IYImeeting 2024 o seu compromiso coa atracción e retención de talento investigador

0
— A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa na inauguración da XV Edición da Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro — Subliña...

A Deputación avanza na dixitalización do ciclo da auga coa instalación de 2.000 contadores...

0
O proxecto OU-intelixente prevé a colocación de máis de 65.000 contadores en 81 concellos, dotando ás entidades locais de ferramentas tecnolóxicas para mellorar a...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas o día 31 e o Rexistro Xeral...

0
Asdependenciasadministrativasdo Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo regulador das condicións de traballo para o...

Publicacións Relacionadas