Home Ourense A Peroxa A Deputación colabora coa sexta andaina solidaria da Peroxa a favor da...

A Deputación colabora coa sexta andaina solidaria da Peroxa a favor da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea

- Anuncio -

O Concello de A Peroxa organiza a sexta edición da súa andaina solidaria, co apoio da Deputación de Ourense, que se celebrará o 22 de outubro a favor da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea. Os organizadores desta iniciativa presentáronlle, no Pazo Provincial, os detalles da mesma á deputada delegada de Políticas Sociais, Patricia Torres. Na xuntanza estiveron o concelleiro da Peroxa, José Manuel Rodríguez; e a presidenta e o secretario de Morea, Ángeles Fernández e Afonso Díaz, respectivamente.

Esta proposta inclúe dous percorridos circulares de diferentes distancias para adaptarse ás condicións físicas dos participantes: unha ruta curta de 6 km e outra longa de 15 km, con avituallamentos e sorteos ao remate da proba. En ambos casos, a saída da andaina será ás 9.30 horas desde a praza do Concello.

Desde a organización esperan unha participación de preto de 300 persoas. Os interesados en participar poderán anotarse ata o mesmo día da proba por un custe de 8 euros que irán destinados para esta asociación coa que se pode colaborar igualmente sen participar na andaina a través dunha “fila cero”.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas