Home Ourense Allariz-Maceda Baños de Molgas acollerá a duodécima edición da súa andaina solidaria en...

Baños de Molgas acollerá a duodécima edición da súa andaina solidaria en favor de “Duchenne España”

- Anuncio -

Os organizadores da proba presentaron hoxe, no Pazo Provincial, ao deputado de Deportes os detalles da proba. que se celebrará o 29 de outubro

O municipio de Baños de Molgas acollerá o vindeiro 29 de outubro a duodécima edición da súa andaina solidaria, que se celebrará en favor da a asociación “Duchenne Parent Project España”. Os organizadores da proba presentáronlle hoxe no Pazo Provincial os detalles da mesma ao deputado delegado de Deportes, César Fernández. Na xuntanza estiveron o alcalde e o concelleiro de Deportes de Baños de Molgas, Manuel Fernández e Jose María Núñez, respectivamente; e a tesoureira da asociación, Milagros Garrido.

A proba ofrece aos participantes dous posibles percorridos: un de 19 quilómetros de dificultade media/alta; e outro de 11 quilómetros de dificultade media, para adaptarse a todos os públicos. A saída realizarase en ambos casos ás 9.00 horas desde a Estación de Ferrocarril e, ao remate da andaina, realizaranse sorteos entre os asistentes.

O Concello de Baños de Molgas, como entidade organizadora da proba, estima unha participación dun cento de persoas. O diñeiro recadado con esta proba irán destinados integramente á investigación da distrofia muscular de Duchenne e Becker.

Os interesados en participar poderán anotarse por un custe de 10 euros (que inclúe os gastos da proba e o donativo) a través da app Saudeter ou chamando ao Concello de Baños de Molgas (988 43 00 00).

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas os días 24 e 31 e o...

0
As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 24, e o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Concello de Ourense presenta o conxunto de actuacións executadas para a mellora da...

0
A presentación terá lugar esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo Esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo, terá lugar a...

Publicacións Relacionadas