Home A Coruña A Xunta impulsa o edificio administrativo autonómico en Ferrol cun investimento de...

A Xunta impulsa o edificio administrativo autonómico en Ferrol cun investimento de 1,5M€

- Anuncio -

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións, onde finalizan as obras de eficiencia enerxética ás que se destinaron máis de 826.000 euros e comezan as de ampliación dotadas con 680.000 euros


— A iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego pola modernización das infraestruturas destinadas a servizos públicos a prol do confort do persoal e a mellor atención á cidadanía

A Xunta inicia as obras de ampliación no edificio administrativo autonómico en Ferrol, que suporán un investimento superior aos 680.000 euros e que se prolongarán cinco meses, segundo informou hoxe o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, nunha visita ás instalacións, acompañado da secretaria xeral técnica deste departamento, Elena Muñoz, e da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros. No percorrido, Diego Calvo comprobou tamén as obras de eficiencia enerxética que acaban de ser finalizadas e nas que se investiron máis de 826.000 euros.

As obras que comezan hoxe permitirán a redistribución de espazos nos andares primeiro e sétimo do edificio. Así, a sétima planta albergará a sede da Delegación Territorial da Xunta na cidade ferrolá, e os organismos alí situados trasladaranse á nova superficie ampliada na primeira planta, onde se anexarán os espazos correspondentes aos locais da entreplanta da nova estrutura cunha conexión entre ambos os edificios. Segundo indicou o vicepresidente primeiro, na zona anexionada instalaranse os servizos do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Esta ampliación arrinca tras o remate da mellora enerxética que comezaba a finais de 2022 e que, cun investimento de 826.000 euros, posibilita un aforro enerxético de máis de 723.163 quilovatios/hora ao ano, ademais de evitar a emisión anual de 148 toneladas de dióxido de carbono.
As obras de eficiencia enerxética incluíron a instalación de dúas bombas de calor aerotérmicas en substitución da actual por absorción e do compresor de gas natural, a renovación das luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED máis eficientes e un sistema centralizado de control de luminosidade e presenza. Ademais, colocáronse 13 paneis solares na terraza do edificio e estruturas metálicas para dar soporte aos paneis fotovoltaicos, aos paneis acústicos ou ás máquinas de climatización.
Diego Calvo lembrou que con estas obras de mellora enerxética a Xunta aposta pola modernización e o acondicionamento das infraestruturas destinadas a servizos públicos co obxectivo de garantir o confort do persoal e a mellor atención ás persoas usuarias. Nesta liña, nos últimos anos investíronse máis de 21 millóns de euros nos edificios administrativos e máis de 7 millóns de euros nas sedes xudiciais que no se conxunto permitiron unha redución nas emisións de 3.500 toneladas de CO2 ao ano e uns aforros anuais nos consumos de 17.000 quilovatios/hora.
Compromiso coa cidade tamén no deporte
Para o vicepresidente primeiro este impulso á Delegación Territorial da Xunta en Ferrol pon tamén de manifesto o compromiso da Xunta con esta cidade. Así, lembrou o compromiso adquirido polo Goberno galego para a creación da Cidade do Deporte e a renovación das infraestruturas deportivas ferrolás a través dun convenio co concello. O investimento autonómico ascenderá a 9 millóns de euros ao longo dos próximos catro anos. Desta contía, 1,5 millóns de euros xa se recollen nos orzamentos de 2024.
Esta colaboración súmase á formalizada o pasado verán para a mellora do estadio municipal da Malata cun orzamento de case 550.000 euros e ás achegas de 4,2 millóns destinadas á actividade deportiva e equipamento dos clubs ferroláns nos últimos anos.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

Publicacións Relacionadas