Home A Coruña As Deputacións da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a Xunta de Galicia...

As Deputacións da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a Xunta de Galicia e a FEGAMP condenan o uso da violencia nas protestas dos bombeiros comarcais

- Anuncio -

Expresan a súa rotunda condena ao uso da violencia nas protestas e instan aos bombeiros a retomar o diálogo para dar solución ás súas demandas

Apuntan que disturbios coma o de onte en Ourense, no que se incluso se empregou un lanzachamas, e os incidentes do pasado venres en Pontevedra poñen en serio risco a seguridade das persoas e dos bens públicos e non deberían volver a producirse

A Xunta de Galicia, as Deputacións da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) expresan a súa máis rotunda condena ás manifestacións de violencia que tiveron lugar nos últimos días durante as protestas dos bombeiros comarcais en Pontevedra e Ourense e nas que resultaron feridas varias persoas e se causaron importantes danos materiais.

A Xunta de Galicia, as deputacións galegas e Fegamp entenden que calquera colectivo profesional ten dereito de reclamar melloras laborais, pero consideran inxustificable e inadmisible o uso da violencia nas protestas. Estas administracións galegas destacan tamén a actuación responsable por parte da Policía Nacional.

Imaxes como as de onte en Ourense, nas que se viu a rotura de xanelas, o uso de botes de fume e incluso o emprego de lanzachamas na vía pública; ou as de Pontevedra do pasado venres, que ocasionaron danos na fachada do Pazo Provincial, non deberían volver a producirse nunca, xa que poñen en risco a integridade das forzas e corpos de seguridade do Estado, dos traballadores e traballadoras da Deputación e das persoas que circulan pola rúa.

Xunta, deputacións e Fegamp sosteñen que o uso da forza nunca vai dobregar a defensa do interese público e instan aos bombeiros comarcais a retomar o diálogo e a negociación, como única vía posible para chegar a acordos. Consideran que ningunha demanda, por lexítima que sexa, xustifica episodios violentos como os de onte fronte á Deputación de Ourense.

Relacionadas

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

O Coworking Miño lanza a súa web para facilitar o acceso a emprendedores, autónomos...

0
O Coworking Miño, un espazo clave para o impulso do emprendemento rural e a innovación na rexión, anuncia o lanzamento da súa nova páxina...

Accidente de tráfico na rúa Praia Xardín, no concello de Boiro

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro participaron ás 02:20 horas desta madrugada nun operativo provocado pola colisión dun vehículo contra outro que...

Publicacións Relacionadas