Home Deputacións Deputación Pontevedra O Auditorio do Grove acolle este xoves a proxección de "Valentina" ao...

O Auditorio do Grove acolle este xoves a proxección de “Valentina” ao abeiro do Ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -

Máis de 400 escolares de tres centros educativos da vila desfrutarán deste filme dirixido por Chelo Loureiro que se proxectará ás 11:30 horas

O Auditorio do Grove acollerá este xoves 26 de outubro a proxección do filme de animación ‘Valentina’ ao abeiro da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. A sesión para a exhibición desta película, dirixida por Chelo Loureiro e finalista nesta categoría dos premios, terá lugar ás 11:30 horas e desfrutarán dela máis de 400 escolares de tres centros educativos da vila.

O filme amosa a historia de Valentina, unha nena que soña con ser trapecista, pero que cre que nunca poderá conseguilo por ter a síndrome de Down. A película está tamén producida por Chelo Loureiro, xunto a Noa García, Brandán de Brano, Mariano Baratech e Luís da Matta, e conta coas voces de Andrés Suárez, María Manuela, Uxía e Pilocha, entre outras, cunha banda sonora obra de Nani García.

Ademais do Grove, o ciclo chegou este ano aos concellos da Guarda, A Estrada, Caldas e Baiona. Estes municipios están a exhibir unha programación que inclúe as películas, ‘María Casares, a muller que viviu mil vidas’, ‘Unicorn Wars’ e ‘O corpo aberto’, recoñecidas respectivamente como mellor documental, mellor longametraxe de animación e mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo. O resto de títulos son finalistas destes galardóns, como os documentais ‘Onde máis doe’ (Manane Rodríguez, 2022); ‘Non somos nada’ (Javier Corcuera, 2022) e ‘A foreign song’ (César Souto, 2022), así como as películas ‘Live is life’ (Dani de la Torre, 2022) e ‘Código Emperador’ (Jorge Coira, 2022).

Relacionadas

A Deputación promoverá o destino Rías Baixas esta fin de semana en Silleda no...

0
Turismo Rías Baixas contará cunha zona expositiva que promoverá distintos recursos turísticos da provincia coa liña argumental da campaña “100% Rías Baixas” A Deputación de...

A Deputación convoca un concurso escolar para animar aos mozos a participar no deseño...

0
“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria,...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, na inauguración do Congreso Flúor

0
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, acaba de participar na inauguración do Congreso Flúor, no que o publicista Lluis Bassat encargouse de pronunciar a...

O Concello de Nigrán prepara un dispositivo especial de San Xoan que prohibirá e...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN PREPARA UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE SAN XOAN QUE PROHIBIRÁ E SANCIONARÁ FACER BURATOS NA PRAIA Policía Local, Protección Civil e Garda...

A primeira iniciativa do “termalismo inclusivo” da Deputación de Ourense comprometeuse con persoas con...

0
O equipo de goberno da Deputación de Ourense quixo que o primeiro colectivo que tivese acceso ao termalismo inclusivo fosen as persoas con enfermidades...

Sula Repani amosa “Mar, mitos e montes” nas dependencias do primeiro andar do Pazo...

0
Ata o mes de decembro, 45 obras da artista grega afincada en Ourense poderanse admirar nestas dependencias administrativas da Deputación “Estamos encantados de achegar a...

Publicacións Relacionadas