Home A Paradanta A Cañiza O Ciclo de Teatro da Deputación chega este domingo ata a Cañiza...

O Ciclo de Teatro da Deputación chega este domingo ata a Cañiza e O Rosal coas obras “Ninja” e ” A loca historia de Galicia”

- Anuncio -

“Ninja” poderase ver no Auditorio da Casa da Cultura da Cañiza ás 17:00 horas e “A louca historia de Galicia” no Auditorio Municipal do Rosal ás 19:00 horas

O Ciclo de Teatro da Deputación de Pontevedra “Tornar ás táboas” chega este domingo ata A Cañiza e Rosal coas obras “Ninja” e “A loca historia de Galicia”. O auditorio da Casa da Cultura da Cañiza acolle ás 17:00 horas “Ninja”, un espectáculo de Teatro Ghazafelhos enfocado a un público infantil e familiar. Pola súa o Auditorio Municipal do Rosal será o escenario de “A louca historia de Galicia” que interpretará Fulano, Mengano e Citano a partir das 19:00 horas para público mozo e adulto. A entrada, para ambos espectáculos, é libre ata completar aforo.

“Ninja” é a nova proposta da compañía ferrolá Teatro Ghazafelhos, a súa vixésimo sexta produción en dezaseis anos de traxectoria. É unha peza dirixida a un público familiar, a partir de cinco anos, que aborda o acoso escolar a través dunha historia chea de humor e de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade, e na que as artes marciais e a cultura oriental son as protagonistas. O espectáculo foi finalista á mellor proposta familiar nos Premios maría Casares 2023.

“A louca historia de Galicia”, unha peza para público mozo e adulto, é un percorrido, en clave de humor, a través da historia da comunidade que leva ao espectador por apaixonantes períodos de luz e sombras, que, como destaca a compañía, “fixeron de nós o que somos, ou o que algúns pensan que somos”. “Unha historia –engaden- que demostra que os galegos sabemos rirnos de nós mesmos, e dos outros…”, e que sigue crecendo cada ano.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas