Home Deputacións Deputación Pontevedra Vilanova acolle este martes o espectáculo "Quen dixo medo?", da compañía Barafunda,...

Vilanova acolle este martes o espectáculo “Quen dixo medo?”, da compañía Barafunda, ao abeiro do ciclo teatral da Deputación

- Anuncio -

A función, dirixida ao público infantil e familiar e ambientada nas historias da noite de Samaín, terá lugar ás 18:00 horas no Edificio Multiusos e está dirixida ao público infantil e familiar

Vilanova será este martes 31 de outubro a nova parada do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. Deste xeito, o Edificio Multiusos acollerá, ás 18:00 horas, o espectáculo “Quen dixo medo?”, a cargo da compañía Barafunda, e dirixido para o público infantil e familiar.

Trátase dun espectáculo de animación, movemento e clown ambientado nas historias da noite do Samaín, no que dúas personaxes farán bailar aos nenos e nenas asistentes e xogar a ser auténticos monstros. A través destes xogos musicais, a rapazada aprenderá a relacionarse e a comprender que ser diferente aos demais non é malo. A compañía que protagoniza a función, Barafunda Teatro iniciou a súa traxectoria no 2009 e produce, crea e promove actuacións culturais en torno ao teatro, a música, o clown e os monicreques.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas