Home Deputacións Deputación Ourense O Consorcio de Augas de Valdeorras amplía en case 2.000 os seus...

O Consorcio de Augas de Valdeorras amplía en case 2.000 os seus aboados na comarca

- Anuncio -

Como resultado dun exhaustivo traballo de campo e un intenso labor administrativo, o número de aboados medra en 1.856 novas altas, pasando de 15.791 a 17.647

A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, participou esta mañá na asamblea xeral do Consorcio, onde se trataron asuntos como dar conta da asistencia técnica que a institución provincial presta aos 9 concellos integrantes a través de AquaOurense, que irá ao vindeiro pleno como “programa de colaboración cos concellos na xestión do ciclo hidráulico para 2024”

Esta mañá tivo lugar a asamblea xeral do Consorcio de Aguas de Valdeorras, sesión na que participou mediante videoconferencia a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa.

Un dos aspectos máis relevantes que se abordaron nesta reunión foi relativo ao padrón de aboados, sobre todo no tocante ao servizo de depuración. Así, logo de realizar un exhaustivo traballo de campo, comprobouse un desaxuste coa realidade da prestación do servizo, polo que o padrón aumentou en 1.856 novos aboados, pasando de 15.791 a 17.647. Así, ese exhaustivo traballo de campo complementouse cun intenso labor administrativo, con máis de 2.000 expedientes tramitados, o que finalmente acadou que o padrón de aboados medrase en máis dun 10%.

Outros asuntos que se trataron na asamblea xeral do Consorcio de Augas de Valdeorras foi a aprobación dun expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos destinado a facturas dunha serie de servizos básicos, en partidas de enerxía eléctrica, que non tiñan a consignación orzamentaria suficiente debido ao aumento destes custes. Tamén se deu conta aos 9 concellos integrantes do consorcio do contido da asistencia técnica que a Deputación lles presta a través da emprea mixta AquaOurense (formada pola institución provincial e Viaqua), que se vai incorporar na proposta do vindeiro pleno provincial como “programa de colaboración cos concellos na xestión do ciclo hidráulico para 2024”.

Na sesión desta mañá quedaron emprazados para unha vindeira asamblea asuntos como o orzamento para 2024 e a revisión das ordenanzas fiscais, tanto na de abastecemento como a necesidade de aplicar un axuste nas taxas de depuración.

Con anterioridade á asamblea xeral, celebrouse tamén unha comisión executiva do Consorcio de Aguas de Valdeorras, con temas referidos á creación de bolsas de traballo en diversos postos.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas