Home A Coruña A VI Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo,...

A VI Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, organizada por primeira vez pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e patrocinada pola Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Outes

- Anuncio -

O mércores, 1 de novembro, tivo lugar a primeira xornada da VI Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e patrocinada pola Deputación da Coruña, o Concello de Outes e a Xunta de Galicia. Comprometida co medio mariño e o sector pesqueiro, procurando xerar conciencia sobre a necesidade de coidar o mar coma un dos recursos naturais máis valiosos que temos, a Mostra MDFDM é asinante do Pacto Cultura Sustentable, comprometido coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Nesta primeira xornada, como xa viña sendo habitual nas anteriores edicións da Mostra, estaban programadas actividades de navegación no veleiro histórico Joaquín Vieta, nas embarcacións tradicionais da Asociación Terra de Outes así coma unha actividade de navegación para persoas con diversidade funcional, grazas á colaboración coa Asociación ADECO–DEA, entidade que promove o deporte adaptado para desfrutar da ría de Muros Noia. Lamentablemente estas actividades tiveron que ser suspendidas debido a razóns meteorolóxicas.

A inauguración oficial da Mostra tivo lugar ás 17:00 h nun acto celebrado no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outes, na Serra de Outes. A continuación, proxectouse o filme inaugural desta VI edición de Mares da Fin do Mundo. O filme elixido para abrir a Mostra foi “Matria”, de Álvaro Gago (España/Galicia, 2023), unha obra de ficción baseada en feitos reais. O filme retrata a vida de Ramona nun pobo pesqueiro de Galicia, sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario, que tenta proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrella. Do mesmo xeito, inaugurouse a exposición fotográfica “2222: o ano da serpe”, de Antonio Nodar. Un relato futurista sobre o cambio climático sustentado en imaxes actuais e construído coma unha alternativa visual de ficción no ano 2222, utilizando modificacións de cor e luz.

Ás 20:00 h, proxectouse a obra “A Taste of Whale”, do director francés Vincent Kelner (2022). Trátase do primeiro filme da sección Proa, na que se programan filmes e cineastas na vangarda do cinema da realidade, que nesta edición porá o foco na relación entre os humanos e os mamíferos mariños. Esta obra trata sobre o “Grind”, unha espectacular e sanguenta tradición de caza de caldeiróns nos fiordes das Illas Feroe.

A Mostra Internacional de Cinema Documental MARES DA FIN DO MUNDO está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Outes. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Materiais adicionais dispoñibles no sitio web da mostra e nas redes sociais de Mares da Fin do Mundo (Facebook e Instagram). Tamén a petición no correo: comunicacion@maresdafindomundo.gal

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas