Home A Coruña A Xunta reforza o seu compromiso co concello de Vimianzo financiando actuacións...

A Xunta reforza o seu compromiso co concello de Vimianzo financiando actuacións con máis de 335.000 euros para mellorar os seus servizos municipais

- Anuncio -

― O delegado da Xunta visitou o pavillón polideportivo no que se está a executar unha obra de mellora da eficiencia enerxética cunha axuda do Goberno galego de 140.000 euros

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o pavillón polideportivo de Vimianzo para supervisar as obras de eficiencia enerxética que se están levando a cabo cun apoio da Xunta de 140.000 euros e que se inclúen dentro da orde de axudas do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local, da liña dirixida á mellora da eficiencia enerxética dos edificios de titularidade municipal.

O delegado aclarou que Galicia foi unha comunidade pioneira en establecer un instrumento de financiamento estable das entidades locais a través do Fondo de Cooperación Local. Regulado anualmente a través das leis de orzamentos da comunidade establecendo un modelo de participación estable das entidades locais nos tributos autonómicos.

Orde Infraestruturas

Trenor tamén informou que o Concello de Vimianzo recibe outra partida de máis de 33.000 euros para a mellora do parque infantil de Carnés da orde para a creación ou mellora de infraestructuras vinculadas á prestación de servicios municipais. O representante do Goberno autonómico destacou que “estas axudas permiten levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns, e que contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida, e demostran as vantaxes da colaboración entre administracións”.

Fondo Compensación Ambiental

Segundo sinalou o delegado Vimianzo tamén conta, a través do Fondo de Compensación Ambiental, cunha axuda de 161.000 euros para financiar servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente. Entre os obxectivos que deben perseguir estes apoios figuran a conservación da biodiversidade, o fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e a recuperación do medio natural degradado ou contaminado. Tamén deben impulsar a eficiencia e o uso sustentable das enerxías renovables, e, en xeral a protección do medio ambiente.
O Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha pola Xunta en 2010 para distribuír os ingresos do canón eólico para proxectos que teñen un efecto exemplarizante ao contribuir a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambiente das medidas de eficiencia enerxética e de impulso da sustentabilidade nas administración públicas, en concreto nas entidades locais.

O delegado da Xunta incidiu na importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para levar a cabo actuacións que redunden no benestar da veciñanza. Nesta liña, sinalou que estes apoios son fundamentais sobre todo para os concellos máis pequenos para que poidan levar a cabo iniciativas que en solitario lles resultaría máis complicado ou non serían posibles.

O delegado da Xunta enmarcou estas actuacións no compromiso da Xunta coas administracións locais a través de distintas liñas de acción, como son as convocatorias de axudas específicas, entre as que figuran a Orde de infraestruturas de uso público o Fondo de Compensación Ambiental, e o Fondo de Cooperación Local. Así, ao longo de 2023 distribuíronse entre os concellos de Galicia máis de 27,2 millóns de euros para a execución de máis de 600 proxectos a prol de mellores infraestruturas e servizos de carácter municipal.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

Publicacións Relacionadas