Home Deputacións Deputación Pontevedra O Ciclo Mestre Mateo continúa este venres 3 no Grove coa proxección...

O Ciclo Mestre Mateo continúa este venres 3 no Grove coa proxección do filme “O corpo aberto”

- Anuncio -

A película, galardoada como mellor longametraxe nos premios do audiovisual galego, exhibirase na Casa da Cultura ás 20:00 horas

A Casa da Cultura do Grove acollerá este venres 3 de novembro ás 20.00 horas un novo pase da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais gañadores e finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta ocasión, os veciños poderán desfrutar da proxección de “O corpo aberto”, galardoado como mellor longametraxe na gala dos Mestre Mateo.

Dirixida pola realizadora Ánxeles Huerta, a película está protagonizada por Tamar Novas, Victoria Guerra e María Vázquez nos seus principais papeis e acumulou un total de quince candidaturas aos Mestre Mateo deste ano. A historia, ambientada no 1909, sitúa a Miguel, un mestre novo, destinado nunha vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. Neste lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, o que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

Ademais do Grove, os outros concellos nos que recala a segunda edición do Ciclo Mestre Mateo son os da Guarda, Baiona, Caldas de Reis e A Estrada. Estes municipios exhibirán ata novembro, ademais de “O corpo aberto”, os filmes “María Casares, a muller que viviu mil vidas” e “Unicorn Wars”, recoñecidos respectivamente como mellor documental e filme de animación na última edición dos Mestre Mateo, así como dos documentais “Onde máis doe” (dirixido por Manane Rodríguez, 2022), “A foreign song” (César Souto), e “No somos nada” (Javier Corcuera), a película de animación “Valentina” (Chelo Loureiro) e as longametraxes “Live is life” (Dani de la Torre), e “Código Emperador” (Jorge Coira).

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas