Home A Coruña Segunda xornada da VI Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin...

Segunda xornada da VI Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo

- Anuncio -

Na segunda xornada da VI Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, celebrada este xoves, 2 de novembro, tivo lugar a gravación e retransmisión dixital dende o Náutico do Freixo dun especial do programa da Radio Galega “Mar de Ardora”, centrado no mundo do mar.

Presentado e dirixido por Xusto López Carril, contou coa participación de Alba Quintela (concelleira de Obras e Servizos no Concello de Outes), Marcos Gallego (director da Mostra MDFDM), Francisco Xosé Fernández Naval “Chisco” (escritor e guionista) e Mercedes Silva “Totakeki” (mariscadora e divulgadora).

Xa pola tarde, nas instalacións da Casa da Cultura de Outes (A Serra de Outes), proxectouse a estrea da obra “Entre Redes”, dirixida por Vanessa Martínez (2023) e producida pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo. Trátase dun documental onde Rogelio Santos Queiruga, Mercedes Silva e María Maceiras (profesionais do mar e divulgadores) nos amosan o día a día do seu traballo no mar e nas diversas plataformas dixitais nas que divulgan e visibilizan mensaxes sobre a importancia de coidar o medio mariño dunha maneira sostible.

A continuación, deu inicio a proxección dos primeiros filmes participantes na Competición Oficial, na que este ano concorren un total de quince títulos de once nacionalidades diferentes e falados en múltiples linguas (con subtítulos en galego), centrados na pesca sostible e na protección do medio ambiente mariño.

No primeiro bloque a competición concorreron a valenciana “Twilight Dream”, de Amanda Cots & Ángel Suárez (España, Valencia, 2022), unha obra que amosa o día a día de Ángel e Adel a bordo do “Dos Ángeles”, poñendo o foco na escaseza de recursos e a redución no número de pescadores. A segunda obra deste bloque foi “Requiem for a Whale”, de Ido Weisman (Israel, 2022), que documenta o encontro co cadáver dunha balea na praia israelí de Nitzanim despois dunha noite de treboada no 2021.

O terceiro filme foi “Confine liquido”, de Andrea Scimone (Italia, 2022), que narra a espera de Michele, Antonio e Pippo por unha corrente mariña axeitada no estreito de Messina.
A Mostra Internacional de Cinema Documental MARES DA FIN DO MUNDO está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Outes. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Relacionadas

Accidente de tráfico na AC-231 ao seu paso polo concello de Sobrado dos Monxes

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 12:30 horas deste mediodía dun accidente de tráfico acontecido na estrada...

A Concellaría de Bibliotecas crea na zona de pediatría do centro de saúde o...

0
O obxectivo da iniciativa é intensificar o labor de animación á lectura que se realiza durante todo o ano desde o Concello de CarballoAdemais...

A alcaldesa de Cariño recibe ao novo capitán da Garda Civil da zona

0
Caixa de entrada Ártabra Comunica Anexos mar., 28 de maio, 16:20 (hai 19 horas) para cco: redaccion.galicianorteacoruna Boas tardes, adxunto foto de: A alcaldesa...

A Fundación Galicia Europa inaugura a 20ª edición do curso de financiamento eurpeo...

0
Este curso brinda ás entidades galegas a oportunidade de coñecer o funcionamento dos fondos da UE e o proceso de presentación de proxectos europeos A...

A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerexencia Exterior de CEPSA...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na coordinación do exercicio para comprobar a eficiencia do operativo ante unha emerxencia realDurante...

A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de...

0
Os traballos, que rematarán a finais de ano, beneficiarán a dous núcleos de poboación e supoñen a dotación dunha estación depuradora, a instalación dunha...

Publicacións Relacionadas