HomeTabeirósA EstradaA Variante e melloras de seguranza na N-640 no acordo de investidura...

A Variante e melloras de seguranza na N-640 no acordo de investidura de Pedro Sánchez

- Anuncio -spot_img

Xoán Reices: “estamos satisfeitos e satisfeitas que este acordo asinado polo BNG contemple as demandas dos nosos veciños e veciñas, mais estaremos vixiantes e belixerantes para que exixir que se cumpra o asinado”

O BNG deu a coñecer hoxe o acordo de investidura de Pedro Sánchez asinado co PSOE. Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “o acordo contempla o impulso da Variante da Estrada durante o ano 2024, para comezar a execución desta infraestrutura antes de que remate a lexislatura”.

“Ademais”, explica Reices, “o acordo tamén contempla melloras na seguranza vial na N-640 ao seu paso polo noso concello, algo que desde o BNG viñemos reclamando desde hai anos”.

O concelleiro nacionalista explicou que “no BNG da Estrada estamos satisfeitos e satisfeitas que este acordo contemple as demandas dos nosos veciños e veciñas, mais estaremos vixiantes e belixerantes para que exixir que se cumpra o asinado”.

“Por outra parte”, explica o concelleiro do BNG, “tamén queremos poñer en valor a palabra dada aos veciños e veciñas durante a campaña das eleccións xerais do pasado mes de Xullo”. “Daquela dixemos que a Variante e as melloras da seguranza vial da N-640 estarían no centro do noso traballo no Congreso, e aí están ambas as dúas demandas reflectidas por escrito no acordo de investidura”, engade. “O BNG cumprirá a súa parte, que consistirá en votar favorabelmente a investidura de Pedro Sánchez, a partir de aí que ten que cumprir é o goberno do Estado, non co BNG, senón cos veciños e veciñas da Estrada”, explica Xoán Reices.

Publicacións Relacionadas