Free Porn
xbporn
Home A Coruña VI edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do...

VI edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo celebrou a última das cinco xornadas programadas este domingo 5 de novembro

- Anuncio -

A VI edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo celebrou a última das cinco xornadas programadas este domingo 5 de novembro. A Mostra, organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e patrocinada pola Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Outes, comezou a última xornada coa xa habitual demostración gastronómica a cargo de profesionais locais pertencentes á Asociación de Hostalaría Ría da Estrela. Nesta edición, gracias á colaboración coa Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín a través da súa marca Azul de Portosín, os participantes poideron degustar pratos elaborados con produtos de proximidade. A Asociación estivo representada por Restaurante A Muradana, Casa Peto Outes, así como polo Taboleiro e Asador Albatros, encargados da elaboración dos pratos.

No relativo ás proxeccións, nesta quinta xornada os asistentes puideron ver a sección Popa, dedicada á proxección de arquivos e filmes históricos. Nesta sexta edición, esta sección contou coa colaboración da Cinemateca Portuguesa — Museu do Cinema a través do Proxecto FILMar, que ten como obxectivo a identificación, preservación, dixitalización e promoción do patrimonio fílmico relacionado co mar, contribuíndo a un maior coñecemento da presencia do mar na historia do cinema portugués. Para esta sección, escolléronse cinco títulos que reflicten a diversidade das artes, métodos de preservación e tratamento da pesca, amosando como esta era unha práctica social e comunitaria, en moitos casos motor de resistencia fronte ás violentas e inxustas condicións de traballo dos pescadores e das súas comunidades. Os filmes son exemplos documentais dun tempo vivido e herdado. De xeito especial, proxectouse un dos primeiros documentos históricos da pioneira Invicta Films, que no 1913 rexistrou “O naufraxio do Veronese”, que saíra do porto de Vigo, nunha fría noite de xaneiro, para naufragar na costa portuguesa. As outras catro obras foron: “A almadraba atuneira”, de António Campos (Portugal, 1961), “Tin Sardines”, de Leitao de Barros (Portugal, 1935), “Pesca do bacalhau”, de Fims Sanmael (Portugal, 1931) e “A indústria baleeira”, de José César de Sá e António Antunes da Mata (Portugal, 1932). Por primeira vez na Mostra, o público puido deleitarse co acompañamento de música en directo para algúns filmes silentes desta sección, gracias á labor do compositor Iván Rodríguez Armán e a interpretación ao piano de Paulo Brasil.

A continuación comezou o acto de clausura desta VI edición coa entrega de premios aos filmes participantes na Competición Oficial. O gañador do Premio do Público, que recibiu o trofeo “O Sancosmeiro” e unha dotación económica de 1000 € foi “Daughter of the Sea”, de Nicole Gormley & Nancy Kwon (Estados Unidos/Corea do Sur, 2023). O filme “Squid Fleet”, dirixido por Ed Ou e Will N. Miller (Estados Unidos, 2023) recibiu o trofeo “O Faro”, outorgado por un xurado profesional á Mellor Película da Competición Oficial, recibindo asemade unha dotación económica de 2000 €. A maiores, o xurado outorgou unha Mención Especial ao filme “Haulout”, de Evgenia Arbugaeva & Maxim Arbugaev (Reino Unido/Rusia, 2022). Como colofón e, para dar por rematada a VI Edición da Mostra, os asistentes ao acto de clausura poideron desfrutar da proxección dos dous filmes premiados.

A Mostra Internacional de Cinema Documental MARES DA FIN DO MUNDO está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Outes. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas