A organización xuvenil Galiza Nova organiza unha palestra sobre a historia do colectivo LGBT+ en Galiza no MOME (A Estrada) o próximo venres, día 10 de novembro. Conta como poñente con Daniela Ferrández, doutora en Historia contemporánea e membro da Rede Galega de Estudos Queer e do espazo de pensamento crítico galego Clara Corbelle. Daniela Ferrández centrou parte da súa labor investigadura en recuperar a memoria da disidencia sexual e de xénero na Galiza dos últimos cento cincuenta anos, publicando o ano pasado a obra A Defunción dos sexos, a cal levou o premio Follas Novas 2023. Na charla abordarase esta mesma cuestión coa intención de reivindicar a memoria e historia dun colectivo oprimido e cunha historia acostumou a invisibilizarse chegando en moitas ocasións a negar a súa existencia en tempos pasados.