HomePontevedraCaldas"O Corno", a película galega gañadora da Cuncha de Ouro do Festival...

“O Corno”, a película galega gañadora da Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián, será proxectada este domingo na Azucreira de Portas

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Ricardo Rodríguez, salientou durante a presentación deste evento cultural, a importancia que o cine galego está acadando en España e no mundo

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e as concelleiras Ana Peña e Chus Fontán, deron a coñecer que o Auditorio da Azucreira acollerá este domingo 12 de novembro, a partir das 19 horas, a proxección da película galega “O Corno”, dirixida por Jaione Camborda e galardonada coa Cuncha de Ouro do Festival de Cine de San Sebastián.

Ricardo Martínez manifestou a súa satisfacción pola elección de Portas como un dos concellos onde se vai proxectar esta película, que terá un prezo de 3 euros por entrada, e salientou a importancia que o cine galego está acadando en España e no mundo.

O Corno, un drama entre mulleres ambientado na Galicia rural de finais da ditadura, convértese na primeira longametraxe en lingua galega en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de Cine de San Sebastián.

A película, que terá unha tamén unha presenza internacional en diversos certames especializados, é un emotivo drama rural que se desenvolve na Galicia dos anos 70. Narra a historia dunha muller valente para a súa época e que reside nun pequeno pobo da Galicia rural durante o franquismo.

A protagonista principal é a destacada bailarina Janet Novás, gañadora do Premio Nacional de Danza. O elenco tamén inclúe a Carla Rivas, Siobhan Fernándes e Diego Anido (coñecido polo seu papel en As Bestas), entre outros talentosos actores.

Publicacións Relacionadas