Home Pontevedra Campo Lameiro Cuentos de persoas déronse cita na celebración da IV Romaría Mercado Artesanal...

Cuentos de persoas déronse cita na celebración da IV Romaría Mercado Artesanal de San Martiño de Penalba

- Anuncio -

A tregua que concedeu a climatoloxía permitiu unha gran afluencia de público que harmonizou as celebracións relixiosas co programa festivo

Centos de persoas déronse cita na IV Romaría Mercado Artesanal de San Martiño de Penalba celebrada onte en Campo Lameiro, organizada pola Unidade Pastoral que dirixe o cura párroco Fermín Santiago Iglesias quen valorou moi positivamente o resultado da presente edición.

A tregua concedida pola climatoloxía adversa dos últimos días permitiu que centos de persoas se achegaran ao longo de toda a xornada ata esta romaría e mostra artesanal que congregou a medio cento de expositores que ofreceron ao numeroso público as súas creacións orixinais.

A xornada tivo tamén unha vertente relixiosa coa celebración de dúas misas rezadas, ás 10 e ás 11 horas da mañá, mentras que a misa cantada tivo lugar ás 12:30 horas na capela de San Antonio de Penalba, lugar que concentrou toda a actividade festiva e relixiosa do domingo 12 de novembro.

Pola súa banda, o mercado artesanal congregou expositores que ofreceron ao público as súas creacións e mercadurías relacionadas con torneados de madeira, antigüedades, bisutería en metal, arcilla, resina, coiro, bolsas, ganchillo, marionetas, cadros, mel, alimentación vegana, hortalizas, zocos, simboloxía celta, plantas, adornos navideños, pirograbados en madeira, especias, aceites, queixos, xabóns, cosmética natural, bolsos, etc.

Para amenizar a xornada, a Charanga A Cabeza non Para foi a encargada de percorrer o recinto festivo, a partir das 11:30 horas e tamén a sesión vermú preparatorio para o xantar preparado por “Bar O Timonel” e que ofreceu a posibilidade de degustar churrasco, polbo á feira, empanada e callos.

Pola tarde, a música correu a cargo de Emilio Padrón e do Dj Tony que animaron aos asistentes a pasar unha xornada divertida recuperando a alegría e a nova normalidade en compaña de familiares e amigos.

O cura párroco Fermín Santiago Iglesias valorou moi positivamente a presente edición que fai que esta romaría se vaia consolidando como unha cita obrigada na contorna no mes de novembro. “É un xeito de dinamizar o rural onde ten cabida de xeito separado pero harmónico as celebracións de carácter relixioso coas actividades festivas que favorecen o reencontro familiar e veciñal ao tempo que tamén achegamos ao público en xeral as creacións orixinais que fan os artesáns e que ofrecen á xente para ir preparando tamén os seus agasallos de Nadal”, indicou Fermín Santiago.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas