Home O Salnés A Illa de Arousa Programación Concello de A Illa de Arousa contra a violencia de xénero

Programación Concello de A Illa de Arousa contra a violencia de xénero

- Anuncio -

XOVES 16 DE NOVEMBRO: Obradoiro creativo sublimación de bolsas e formación “Construcción colectiva de mensaxes contra a violencia de xénero”.
1ºandar Casa dos xubilados ás 19h no que contaremos con unha psicóloga experta en xénero que nos dará formación sobre como detectar e evitar relacións tóxicas.

VENRES 24 DE NOVEMBRO: Obra de teatro “As alumnas” Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, Premio Follas Novas 2023 á mellor obra de teatro, Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade. Con Anabel Gago e Mónica Camaño dirixida por Fina Calleja. Auditorio municipal ás 20:30h, financiada co programa Tornar as táboas de Deputación de Pontevedra.

LUNS 21 DE NOVEMBRO: Obradoiro “Como detectar e evitar relacións tóxicas” dirixido a 2º e 3º da ESO. IES Illa de Arousa

SÁBADO 25 DE NOVEMBRO – DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: Andaina contra a violencia de xénero, O bao- Carreirón e lectura do manifesto. Edificio de usos náuticos ás 10:30h

LUNS 27 DE NOVEMBRO: Obradoiro “Tarxeta vermella contra a violencia de xénero” dirixido a 6º de primaria. CEIP Torre Illa

SÁBADO 9 DE DECEMBRO: Inauguración da exposición fotográfica “Mulleres da Arousa no deporte”. Sala de exposicións do auditorio municipal ás 20h
Estamos facendo en colaboracvión coa concellería de deportes un traballo de investigación e recollida de imaxes e información para coñecer a realidade e a evolución do deporte feminino a través dos anos que despois plasmaremos nuns soportes que estarán expostos.
Faremos unha inauguración da exposición na que contaremos con algunhas das deportistas protagonistas e pendente de confirmar data faremos un coloquio-mesa redonda para tratar cuestións sobre o deporte feminino.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas