Home A Coruña O presidente da Academia Xacobea recoñece que “non admite dúbida o respaldo...

O presidente da Academia Xacobea recoñece que “non admite dúbida o respaldo histórico do Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia”

- Anuncio -

A presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia convidou á Academia Xacobea “a formar parte do noso comité de expertos para entre todos conseguir a oficialización por parte da Xunta”

“Non admite dúbida o respaldo histórico do Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia”. Así de contundente se manifestou esta mañá o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, durante o seu encontro cos alcaldes e alcaldesas da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, que acompañaron á delegación de académicos que visitou elementos destacados desta ruta xacobea.

A delegación da Academia Xacobea, composta por unha quincena de académicos, visitou durante a mañá os cinco municipios da ría, comezando polo de Noia, onde foron recibidos polo concelleiro de Cultura e Turismo, José Pérez Martínez, e a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Benestar e Igualdade, María Luís Villar Ageitos. Xosé Palmou aproveitou a ocasión para asinar no libro de honra do Concello, como faría posteriormente en Porto do Son.

Tras Noia, a comitiva percorreu durante a mañá os municipios de Muros, Outes, Porto do Son e Lousame, onde foron recibidos polos seus alcaldes e alcaldesas. Todos eles coincidiron en agradecer a súa visita e en detallarlles os elementos máis destacados do Camiño ao seu paso polo seu municipio.

Novos académicos

Tras un xantar en Lousame, pola tarde tivo lugar a sesión de ingreso de cinco novos membros de honra na Academia Xacobea. Un acto celebrado no Casino de Noia, instalacións que lles foron cedidas hoxe polo Concello de Noia para que a Academia poida celebrar próximas reunións e actividades no municipio. “Unhas instalacións que a Academia pode usar como sede e para centralizar en Noia todas as reunións e actividades que desexe facer, sen prexuízo de que se poidan xuntar noutros municipios”, explica José Pérez.

O acto contou cun amplo abano de autoridades relixiosas, militares e civís, como o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. Aló tomaron posesión os cinco novos académicos de honra: o noiés Luís Alamancos Pampín, director da cátedra de Criminalística e Ciencias Policiais da Universidade LiberQuaré; a xornalista Maribel Outeiriño, autora de varias guías sobre rutas xacobeas; Carlos Baliñas, catedrático emérito de Filosofía da USC; Ricardo Pardo Gato, doutor en Dereito e investigador sobre o Camiño de Santiago; e o farmacéutico, biólogo e empresario Pedro Piñeiro.
Gala Xacobea

A presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde, agradeceu o apoio amosado por Xesús Palmou e a Academia Xacobea. “Non podemos desfalecer porque temos un Camiño cunha historicidade demostrada e temo recompilado numerosos traballos de investigación que así o atesouran, polo que seguiremos traballando para conseguir a oficialización do Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia”, apuntou Villaverde Pais, quen aproveitou a ocasión para “convidar á Academia Xacobea a que forme parte do noso Comité de Expertos”.

Durante a Gala Xacobea, representantes da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia expuxeron novamente os feitos documentados que corroboran a historicidade desta ruta xacobea, que conta co recoñecemento do Arcebispado de Santiago, cuxo titular estivo presente en Noia, e que só agarda o recoñecemento da Xunta. O grupo A Misela e a Escola de Danza Oitos, co espectáculo “Luces da Terra Privilegiata”, puxeron a nota musical á velada.

Esta xornada estivo promovida pola Academia Xacobea, en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros e Noia e o Portus Apostoli. Contou ademais co apoio de organizacións culturais e sociais da bisbarra, feligresías da Ría de Muros Noia, do Arcebispado de Santiago de Compostela e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Relacionadas

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Cambios na programación do Maio das Letras Galegas 2024 da Pobra por mor do...

0
A chuvia obriga a facer cambios na programación para esta fin de semana ao abeiro do Maio das Letras Galegas 2024 impulsada pola Concellaría...

O Concello reivindica o uso da lingua e a figura de Luísa Villalta con...

0
Na véspera do Día das Letras Galegas, o Concello de Santiago sumouse á súa celebración coa lectura por parte dos membros da Corporación dunha...

Boqueixón comeza mañá venres a celebrar o San Cidre co documental “As carrozas do...

0
A Asociación das Carrozas do San Cidre recompilou distintos momentos dos 50 anos de historia desta festa nun documental que será presentado na Casa...

Goyo Jiménez anuncia un terceiro pase na  Coruña do seu show ‘Misery Class’ 

0
A súa actuación será o sábado 12 de outubro no Teatro Colón e as  entradas para a sesión das 18.30 horas saen hoxe á...

Publicacións Relacionadas