Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación reforza a cooperación con Oímbra con proxectos para construír unha...

A Deputación reforza a cooperación con Oímbra con proxectos para construír unha senda e vivendas de protección

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha reunión coa alcaldesa Ana Villarino, na que se abordaron diversos asuntos de colaboración institucional, “ademáis de informar de primeira man sobre o Plan CooperOU e as implicacións concretas no municipio de Oímbra”

A rexedora de Oímbra valora “moi positivamente esta reunión para sacar adiante proxectos moi importantes e estratéxicos para o noso municipio”

O presidente da Deputación, Luis Menor, continúa avanzando nas súas roldas de contactos cos alcaldes e alcaldesas de toda a provincia. Esta mesma mañá, mantivo un encontro de traballo coa rexedora de Oímbra, Ana Villarino, onde acordaron diversos asuntos de colaboración institucional, “ademais de informar de primeira man sobre o Plan CooperOU e as implicacións concretas neste municipio”, explicou Luis Menor.

Así, entre os asuntos tratados está a colaboración coa Xunta de Galicia para a humanización da estrada provincial OU-1011 (que comunica Oímbra con Verín), a través da construción dunha senda peonil e ciclista (mixta), que contribuirá a mellorar a seguridade viaria nesta zona do municipio, dotando a Oímbra dunha mobilidade sostible e segura. Tamén se abordou a posibilidade de cofinanciamento obras para a construción dun proxecto piloto de vivendas de protección neste termo municipal, tamén en conxunto co Goberno Autonómico. De feito, a alcaldesa valorou “moi positivamente esta reunión para sacar adiante proxectos moi importantes e estratéxicos para o noso municipio.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas