Home Verín Cualedro A Deputación colaborará cos concellos de Cualedro e Monterrei no desenvolvemento de...

A Deputación colaborará cos concellos de Cualedro e Monterrei no desenvolvemento de iniciativas sociais e infraestruturas

- Anuncio -

O presidente Luis Menor reuniuse con Luciano Rivero e José Luis Suárez para analizar os proxectos de cooperación en marcha en ambos municipios, así como na mancomunidade de Verín

O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo esta mañá un encontro de traballo cos rexedores de Cualedro e Monterrei, Luciano Rivero e José Luis Suárez, no marco da rolda de contactos que está a manter con todos os representantes das entidades locais ourensás trala súa chegada á presidencia da Deputación.

Co alcalde de Cualedro, Luis Menor analizou unha proposta de colaboración para a rehabilitación dun edificio que antigamente albergaba as oficinas dunha entidade financeira e que foi doado ao concello. Agora, o rexedor proxecta neste inmoble a construción de dúas vivendas sociais e o acondicionamento dun espazo para os servizos sociais municipais.

Polo que respecta a Monterrei, o alcalde abondou na necesidade de manter o convenio asinado a tres bandas entre o Concello, a Deputación e a Xunta de Galicia para a conservación do castelo, ademais das actuacións pendentes no balneario de Requeixo, acometidas pola institución provincial grazas a un convenio coa entidade local, así como a continuación da senda peonil que se está a construír na estrada provincial OU-1021, onde a Deputación xa investiu 200.000 euros.

Ambos alcaldes tamén falaron sobre proxectos supramunicipais, dado que José Luis Suárez tamén preside a Mancomunidade de Municipios de Verín. Na xuntanza analizaron o mantemento da colaboración coa Fundación para a protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín, entidade que á súa vez preside o alcalde de Cualedro.

Como no caso dos dez rexedores recibidos nesta semana, Luis Menor aproveitou o encontro para explicar algúns dos detalles recollidos no Plan CooperOU, o novo modelo de financiamento para a cooperación cos concellos.

Estes contactos súmanse os mantidos esta semana cos alcaldes e alcaldesas de Vilardevós, Eva María Pérez; Arnoia, Rodrigo Aparicio; Leiro, Francisco José Fernández; Entrimo, Ramón Alonso; Verea, José Antonio Pérez; Ramirás, Isabel Gil; e Padrenda, Manuel Pérez.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas