Home Deputacións Deputación Pontevedra Redrum Teatro pon en escena este venres en Ponte Caldelas a obra...

Redrum Teatro pon en escena este venres en Ponte Caldelas a obra “Un home con lentes de pasta”, ao abeiro do ciclo teatral da Deputación

- Anuncio -

A representación terá lugar ás 21:00 horas no CEIP Manuel Cordo Boullosa, con entrada libre ata completar o aforo

Ponte Caldelas acollerá este venres 17 de novembro a función “Un home con lentes de pasta”, a cargo da compañía Redrum Teatro, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A representación terá lugar ás 21:00 horas no CEIP Manuel Cordo Boullosa e a entrada será libre ata completar o aforo.

A peza, escrita por Jordi Casanovas e dirixida ao público mozo e adulto, é unha comedia negra que bebe de fontes moi diversas. Búrlase do snobismo literario e convida ao público a ser auténtico a través da posta en valor do sinxelo e inocente. A historia presenta a Sheyla, que acaba de ser abandonada pola súa parella e a quen os seus amigos Laura e Fer queren animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade o seu desexo de escribir. Con esa intención traerán a cear a Guillerme, un poeta “capaz de namorar a calquera cuns breves versos”. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas