Home Deputacións Deputación Pontevedra O ciclo teatral da Deputación chega este sábado 18 a Rodeiro coa...

O ciclo teatral da Deputación chega este sábado 18 a Rodeiro coa obra “Comando comadres”, de Matrioshka Teatro

- Anuncio -

A representación terá lugar ás 22:00 horas no Centro Cultural, con entrada libre ata completar o aforo

O concello de Rodeiro será escenario este sábado 18 de novembro da función “Comando comadres”, a cargo da compañía Matrioshka Teatro, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A representación terá lugar ás 22:00 horas no Centro Cultural e a entrada será libre ata completar o aforo.

A peza é un eespectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de “art-ivistas” organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia machista e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais. Así, os comandos establécense como pequenas unidades preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. Son células combatentes irreverentes que van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel mundial centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros tanto no ámbito público coma no privado, dos coidados dos ecosistemas sans e equilibrados, así coma dos afectos cos que crear lazos de sororidade e empatía. Con esta función, Matrioshka busca render homenaxe “a todas as heroínas de a diario, as señoras silenciadas, perseguidas, queimadas, torturadas, os saberes invisibilizados e a historia oculta do noso pasado”.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas