Home A Coruña Trenor participa na Mesa de Traballo en Porto do Son para elaborar...

Trenor participa na Mesa de Traballo en Porto do Son para elaborar a nova Estratexia Turística de Galicia 2024-2030

- Anuncio -

En colaboración co Cluster de Turismo, nestes encontros búscase extraer a diagnose previa que servirá de base para esta folla de ruta da Xunta de Galicia

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na mesa de traballo, organizada en Porto do Son, coas que se dá comezo á elaboración da nova estratexia turística 2024-2030. Esta folla de ruta pretende planificar con previsión e afianzar o modelo galego con medidas orientadas á sustentabilidade e a dixitalización, entre outros aspectos. Trenor destacou que “xa se celebraron máis de 10 mesas nas que participaron máis de 270 persoas en distintos concellos de Galicia Esta semana entramos no ecuador das mesas, que terminarán o próximo 1 de decembro”.

A través destas mesas de traballo a Xunta comeza a traballar xa, en colaboración co Cluster de Turismo de Galicia e coas tres universidades galegas, no proceso de diagnose previo que permitirá coñecer de xeito analítico e, desde unha visión de conxunto, o estado de situación do turismo en Galicia.

Trenor explicou que estes días estanse a convocar as mesas de traballo nas que participan distintos axentes públicos e privados do sector. Alí expóñense as necesidades e retos para os vindeiros anos. Recóllese tamén información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da Comunidade.

Coa intención de dar cabida a todos os profesionais do sector turístico, esta información completarase coa recompilada a través dun cuestionario online no que poderán recoller a súa visión e suxestións. Por outra banda, para elaborar esta nova estratexia de turismo contarase tamén co aval científico das tres universidades galegas en coordinación coa Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, que realizarán unha análise científica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia.

Galicia Destino Seguro
O Goberno autonómico continúa así planificando o seu modelo turístico nun momento que, como constatan as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE), se está a recuperar o dinamismo tras a pandemia.

Durante este tempo o Goberno galego contou coa folla de ruta elaborada no contexto pandémico e lanzada no ano 2021, Galicia Destino Seguro, que está vixente ata decembro. Entre outros aspectos, permitiu impulsar coa maior celeridade posible a reactivación turística de Galicia tras a crise sanitaria provocada pola covid-19 e recuperar nalgúns casos indicadores de ocupación e rendibilidade anteriores á pandemia.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

Publicacións Relacionadas