Home Ourense Hoxe presentouse o primeiro dos quince “busitos” que se irán incorporando os...

Hoxe presentouse o primeiro dos quince “busitos” que se irán incorporando os vindeiros días

- Anuncio -

Gonzalo P. Jácome suliñou que os novos autobuses contribuirán a renovar unha frota de vehículos que tiñan máis de vinte anos de antigüidade

Esta mañá, o alcalde Gonzalo P. Jácome, acompañado por outros membros da corporación e persoal de confianza, desprazouse da Residencia até a Alameda nun dos novos autobuses que comezaremos a ver pola cidade de Ourense: os chamados “busitos”.

O alcalde destacou as características deste novo vehículo: “da marca ISUZU de oito metros e medio, dos urbanos máis pequenos do mundo, o que lle permitirá manobrar mellor e cunha capacidade de 21 prazas sentadas e de pé poderían chegar a corenta de maneira folgada aínda que poderían chegar a ir 60 persoas, segundo permite na lei”.

O Concello de Ourense mercou 15 unidades semellantes á inaugurada hoxe que se irán incorporando paulatinamente, de dous a tres por semana para, a continuación incorporar os autobuses eléctricos e chegar a un total de 40 novos vehículos que completarán a renovación da frota para a cidade de Ourense.

O alcalde anunciou tamén que se vai facer un prego exprés que agarda que estará asinado nuns dez ou quince días e ao tempo sairá a concesión para 10 anos para que non estea en precario.

Con esta incorporación de novos autobuses, o alcalde engade que “ hoxe é un bo día para Ourense e o ano que vén iranse introducindo as novas rutas e mais a gratuidade total que seremos os primeiros de España en facelo e que a xente o desfrute”.

Relacionadas

A Deputación mobilizará varios vehículos para espallar sal nas estradas provinciais ante a previsión...

0
Debido aos prognósticos das axencias meteorolóxicas por avisos de temperaturas mínimas e posibles xeadas para esta madrugada, e co fin de garantir a seguridade...

A Deputación fai efectiva a cesión da estrada de San Vicente, en Vilamartín de...

0
O presidente provincial, Luis Menor, celebrou unha xornada de traballo na comarca de Valdeorras, na que o Consorcio de Augas aprobou os orzamentos de...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de...

A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal na igrexa...

0
Este evento terá lugar o vindeiro 27 de decembro ás 18.30 horas, e se retransmitirá tamén por streaming, é “un dos símbolos indiscutibles do...

O Concello de Ourense dálle o nome oficial de glorieta da Policía Nacional á...

0
Alcalde e corporación municipal asistiron ao descubrimento da placa que recolle a denominación da rotonda O Concello súmase así á celebración do 200 aniversario da...

O desfile de Papá Noel ocasionará restricións puntuais de tráfico o sábado pola tarde

0
O desfile de Papá Noel que terá lugar o sábado, 21 de decembro, polo centro da cidade, requirirá pechar ao tráfico de vehículos a...

Publicacións Relacionadas