Home Deputacións Deputación Pontevedra A diversidade de linguaxes artísticas no seo da Facultade de Belas Artes...

A diversidade de linguaxes artísticas no seo da Facultade de Belas Artes protagoniza a nova exposición do Museo, que se inaugura este xoves

- Anuncio -

Organizada en colaboración coa Universidade de Vigo, ‘Campo de sementes 2’ reúne a obra de 13 artistas, docentes e exalumnado da facultade pontevedresa

O Museo de Pontevedra inaugura este xoves unha nova exposición que reúne obra plástica de 13 artistas, docentes e exalumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organizada en colaboración coa Universidade de Vigo. A mostra ‘Campo de sementes 2’ ábrese o 23 de novembro ás 19:30 horas e poderá visitarse ata o 28 de xaneiro de 2024 no Edificio Castelao. O seu comisario é Xosé Manuel Buxán Bran, decano da facultade.

‘Campo de sementes 2’ xunta nun mesmo espazo unha mostra representativa da diversidade de xeracións e linguaxes artísticas que se están a dar no seo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e, en boa medida, na arte contemporánea galega. A nómina de artistas presentes fórmana Maruxa Alonso Gago, Berta Cáccamo, Miguel Cuba, Manolo Dimas, Carlos Fer, Elena Fernández Prada, Juan Fontaíña, Xisela Franco, Carmen Lage, Teresa Pajares, Ignacio Pérez-Jofre, Lucía Romaní e Sonia Tourón Estévez.

Esta mostra forma parte dun proxecto que tivo unha primeira edición co título de ‘Mestras e mestrados’ que se puido visitar no Edificio Sarmiento deste Museo de Pontevedra entre finais de 2020 e principios de 2021. Houbo logo unha segunda mostra co título ‘Campo de sementes’ na Fundación RAC de Pontevedra entre abril e maio de 2021. E agora chega esta terceira entrega.

A obra exposta fórmana creacións dos últimos anos, coa excepción de dúas pinturas de Berta Cáccamo, artista e profesora de Belas Artes falecida en 2018. Os seus lenzos, datados en 1984 e 1986, están situados no espazo central da sala. Ao seu redor sitúanse a fotografía de Carmen Lage, as indagacións de formas e texturas de Ignacio Pérez-Jofre e Carlos Fer e as grandes composicións pictóricas de Elena Fernández Prada e Teresa Pajares.

A mestura de linguaxes artísticas asoma na instalación con vídeo e fragmentos de louza de Xisela Franco ou na instalación fotográfica de Maruxa Alonso Gago e nas pezas do proxecto ‘Do (in)visíbel ao (im)posíbel na maternidade’, de Sonia Tourón Estévez. A obra de Juan Fontaíña traballa con materiais como o granito e a cerámica. Completan a exposición os acrílicos dentro e fóra do lenzo de Lucía Romaní, a pintura figurativa de Manolo Dimas e as ilustracións dixitais sobre a relación entre publicidade e patrimonio artístico de Miguel Cuba.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas