Home A Coruña A rapazada de San Sadurniño reivindica os seus dereitos

A rapazada de San Sadurniño reivindica os seus dereitos

- Anuncio -

As nenas e nenos de San Sadurniño foron onte e máis hoxe protagonistas do Día Internacional da Infancia por dous motivos. O primeiro por tratarse dunha data dedicada á reivindicación dos seus dereitos. E o segundo porque foron elas e eles quen protagonizaron as dúas accións que contaron con colaboración municipal, unha desenvolvida onte pola mañá en Lamas pola Asociación Cultural Brío e a Área de Igualdade, e a outra esta mesma mañá na escola infantil municipal.

Brío preparou en Lamas un obradoiro chamado “Pintamos os nosos dereitos” no que a Axente de Igualdade Oriana López lles leu ás crianzas o conto dos dereitos infantís dos Bolechas, co obxectivo de explicarlles ás nenas e nenos que todas teñen os mesmos dereitos que as xente adulta, ademais do dereito a recibiren educación e a medrar coa protección e os medios que garantan o seu desenvolvemento como persoas.

Para fixar ben o aprendido cos Bolechas, as pequenas e pequenos pintaron unhas bandeirolas con cada dereito, que desde hoxe decoran a entrada principal da Casa do Concello. Tamén pintaron e recurtaron unhas flores de cartolina -escritas igualmente cos dereitos infantís- que neste caso levaron para a casa.

Doutra banda, hoxe na Rolada celebraron o 20 de Novembro acolléndose á iniciativa do “Día do pixama” da Asociación Estatal de Acogimiento Familiar (ASEAF). As crianzas foron hoxe á EIM coa roupa de durmir para representar a calidez do fogar e, a partir de aí, traballar coas mestras en conceptos como o dereito da infancia á protección e, en especial, o de formar parte dunha familia.

Temas que, dada a curta idade das nenas e nenos, se lles trasladaron con contos e xogos nos que tamén se tocaron de maneira transversal outros dereitos da infancia.

Ademais, igual que fixo a rapazada de Brío, as familias e mestras da Rolada tamén pintaron mans de cores que desde hoxe enchen a galería da escola infantil.

Relacionadas

Ribeira presenta unha Cabalgata máis inclusiva

0
Entramos xa na recta final das celebracións do Nadal e a cita máis agardada por todas e todos, especialmente polos máis cativos é a...

A Concellaría de Medio Rural inicia 2025 co primeiro Plan municipal de prevención e...

0
A concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, realizou un balance das actuacións realizadas no último ano e que supoñen iniciar 2025 co primeiro Plan...

A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe familiar a...

0
A época do Nadal xa está chegando ao seu fin e A Pobra do Caramiñal prepárase para despedi-la campaña Volta o Nadal, voltan as...

Francisca Simil, veciña da Pobra, cumpre 103 anos

0
O Concello da Pobra do Caramiñal comezou o 2025 felicitando a unha das súas veciñas centenarias: Francisca Simil Mariño. Para ela cada Aninovo é...

Laxe recibirá este domingo a visita dos Reis Magos de Oriente

0
• As súas Maxestades sairán ás 15:00 horas da Casa do Concello e farán un percorrido polas rúas de Laxe e as demais parroquias •...

Lorena Breijo, de Barallobre, e María Celia López, de Perlío, son as gañadoras do...

0
Vinte e dúas persoas participaron na I edición do Concurso de Decoración de Nadal que organizou a Concellería de Promoción Económica co obxectivo de...

Publicacións Relacionadas