Home Pontevedra O Salnés A Deputación supervisa os traballos de conservación en dúas estradas provinciais de...

A Deputación supervisa os traballos de conservación en dúas estradas provinciais de Vilanova de Arousa valorados en 100.000 euros

- Anuncio -

Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron co alcalde, Gonzalo Durán, as estradas entre Baión e András e entre Vilanova e Ponte Arnelas onde a Deputación acomete os traballos de reposición do firme

Os deputados provinciais de Infraestruturas Públicas e Mobilidade e de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos, Isabel Couselo e Javier Tourís, supervisaron esta mañá en Vilanova de Arousa xunto co alcalde da vila, Gonzalo Durán, as obras que se están a realizar na EP-9701, a estrada provincial que une as parroquias de Baión e András, e na EP-9703, entre Vilanova e Ponte Arnelas, para a conservación dos seus firmes cun investimento próximo aos 100.000 euros e que supoñen actuar en 1,3 quilómetros destas vías.

A deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade sinalou que “para este goberno da Deputación é prioritario garantir a seguridade nas estradas provinciais, e por iso os traballos de conservación e mantemento son fundamentais”. Pola súa banda, o deputado Javier Tourís asegurou que “traballamos por e para a provincia de Pontevedra e para mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños de Vilanova”.

En canto á estrada entre Baión e András, a deputada provincial sinalou que cos traballos desenvolvidos a Deputación anticípase “ao que vai vir despois, a ansiada mellora da seguridade viaria, do trazado, das condicións de accesibilidade e de seguridade e de creación da senda peonil para a veciñanza”. Couselo adiantou que “nos próximos días veremos patente un borrador co trazado de como quedará esta estrada trala mellora, unha demanda e prioridade fundamental tanto para a Deputación como para o Concello de Vilanova de Arousa”.

As actuacións que se están a desenvolver, contempladas dentro do acordo marco que regula as obras de conservación de firmes na rede viaria da Deputación, abranguen algo máis dun quilómetro na EP-9701 Baión-András, cun orzamento estimado de 60.000 euros, e 300 metros na EP-7203 Vilanova-Ponte Arnelas, cun investimento estimado de 36.000 euros.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas