Home Tabeirós A Estrada Case 150 persoas participan este domingo no programa da Deputación “En Ruta...

Case 150 persoas participan este domingo no programa da Deputación “En Ruta coa Depo”

- Anuncio -

Veciños do Grove, Silleda e A Estrada coñecerán lugares singulares da provincia de concellos como Cuntis, Caldas, Salvaterra de Miño, Arbo, Mondariz-Balneario ou Ponteareas

A Deputación de Pontevedra organiza este domingo 26 de novembro tres novas saídas no marco do programa “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos de Pontevedra. Entidades da Estrada, o Grove e Silleda mobilizarán un total de 146 persoas para coñecer diversos concellos da provincia como Cuntis, Salvaterra de Miño, Mondariz-Balneario ou Ponteareas.

A Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa de San Vicente do Grove percorrerán o miradoiro do parque Maráns e o castro de Castrolandín de Cuntis, así como Caldas de Reis. Ata Mondariz-Balneario e Ponteareas desprazarase a Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo de Silleda para descubrir o castelo de Sobroso e o castro de Troña. Por último, a Asociación de Mulleres Rurais A Sobreira Callobre da Estrada visitarán o concello de Salvaterra de Miño para coñecer o seu conxunto histórico e o parque A Canuda, así como o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e as pesqueiras do río Miño en Arbo.

A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra ofrece 33 rutas temáticas nas que este ano participarán preto de 2.300 persoas e case 400 asociacións. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar a iniciativa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social. O programa inclúe o desprazamento de ida e de volta en autobús, unha visita guiada cunha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia, e máis un xantar.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas