Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López destaca o investimento de preto de medio millón de euros...

Luis López destaca o investimento de preto de medio millón de euros para converter en centro sociocultural un edificio do Castro de Dozón

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Pontevedra recibiu este luns no Pazo Provincial ao alcalde de Dozón, Adolfo Campos, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial ao alcalde de Dozón, Adolfo Campos, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con 350.000 euros, o 77 % do orzamento, os traballos para a conversión dun edificio no Castro de Dozón nun centro sociocultural. O Concello, pola súa banda, achega o 23 % restante, máis de 100.000 euros. Un acordo que avanzar no reto demográfico a través da mellora dos servizos á cidadanía co obxectivo de fixar poboación en concellos rurais como o de Dozón.

A obra, valorada nun total de 450.000 euros, servirá para dotar á veciñanza do municipio de Dozón dun centro sociocultural no que organizar eventos culturais, cursos ou reunións veciñais. O proxecto contempla a reestruturación dos espazos interiores da planta baixa e o semisoto do edificio, así como unha mellora integral dos sistemas de illamento e eficiencia enerxética. Na planta baixa instalarase unha sala polivalente, unha de lectura e de informática e un salón de actos. Mentres que no semisoto instalaranse dúas aulas de formación, un despacho e un obradoiro de cociña. Ao mesmo tempo, a proxecto inclúe a reformar dos cuartos de baño, a renovación da iluminación con tecnoloxía LED, a substitución da rampla exterior para mellorar a accesibilidade, a mellora do illamento térmico da envolvente e a reposición das carpinterías exteriores.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Dozón realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

A sinatura deste protocolo supón un novo exemplo de cooperación institucional entre a Deputación e, neste caso, o Concello de Dozón para transformar as instalacións públicas e mellorar os servizos destinados á veciñanza.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas