HomeVigoNigránO concello de Nigrán abre un prazo extraordinario para inscribirse na Ludoteca...

O concello de Nigrán abre un prazo extraordinario para inscribirse na Ludoteca de Nadal

- Anuncio -spot_img

O novo periodo de inscrición será do día 2 ao 7 de decembro. Esta dirixida a crianzas empadroadas con idades entre os 3 e 12 anos.

O Concello de Nigrán abre un prazo extraordinario de inscrición na ‘Ludoteca de Nadal 2023’ por un período de 7 día naturais, desde o día 2.12.23 ata o día 7.12.23. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse en “nigran.sedelectronica.gal/taboleiro de anuncios”.

Está destinada a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, e desenvolverase dende o día 26 de decembro ata o día 5 de xaneiro no CEIP Humberto Juanes de luns a venres ofertándose 60 prazas. A tarifa xeral é de 10 € .

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

Publicacións Relacionadas