Home A Paradanta A Cañiza O PP da Cañiza pon “contra as cordas” a Luís Piña na...

O PP da Cañiza pon “contra as cordas” a Luís Piña na última sesión plenaria, e este perde as formas ante o nerviosismo da súa declaración no xulgado dos próximos días

- Anuncio -

● A oposición votou en contra de dúas actas por non ter nomeada á secretaria pola Dirección Xeral da Administración Local, polo que as medidas aprobadas nese pleno poderían quedar sen efecto.

● Aprobouse a Conta Xeral cos votos en contra do Partido Popular, xa que “unha vez máis se fai incumprindo todos os prazos establecidos”.

● O PP abstense na aprobación do Plan de Saneamento, “que o goberno se viu obrigado a redactar para subsanar a súa neglixencia que levou ao Estado a intervir as contas municipais.”

● A oposición tamén optou pola abstención na derogación das tasas polo uso dos velatorios para pasar a ser prezo público.

O Concello da Cañiza celebrou no día de onte, o Pleno Ordinario correspondente ao mes de Novembro, no que o goberno socialista encabezado por Luís Piña, se “viu acorralado” polo voceiro da oposición.

A sesión comezou co voto en contra por parte dos populares, da aprobación de dúas actas dun pleno anterior, xa que ao ter que ser sustituida a secretaria titular por outra persoa, esta non contaba co nomeamento oficial por parte da Dirección Xeral da Administración Local antes da celebración do mesmo, nin tampouco se pediu a convalidación despois de ter rematado. Isto deixaría sen efecto as medidas que se aprobaron nese momento.

O goberno socialista aproba por maioría, pero cos votos en contra do Partido Popular, a Conta Xeral, que segundo indica Miguel Domínguez, “volve a facelo incumprindo todos os prazos establecidos demostrando unha vez máis a súa incompetencia en materia económica”.

Domínguez explica que o seu grupo se abstivo na votación para aprobar un Plan de Axuste que afirma “tería que ter aprobado fai un ano cando nos o pedimos nun pleno extraordinario ao igual que a dimisión do alcalde e da concelleira de facenda, porque entendíamos que había que facelo para acollerse ás condición que ofrecía o Ministerio de Hacienda e ter evitado así o embargo que sufrimos actualmente. Piña negouse a facelo aínda que era consciente de que a consecuencia sería a intervención das contas por parte do Estado, coa única intención de obter un rédito político e evitar explicar en plena campaña electoral que ía ter que subir os impostos e que todas as inversión que prometeu non as ía levar a cabo.

O Partido Popular entende que a decisión de subir ou non o prezo do uso dos velatorios é do alcalde e por este motivo, optaron tamén, pola abstención na votación.

Durante o turno de rogos e preguntas houbo momentos de tensión nos que, segundo o voceiro popular, o alcalde se puxo á defensiva ao verse contra as cordas ante a cita que ten no xulgado nos vindeiros días por un posible delito de prevaricación administativa que lle podería acarrear unha posible inhabilitación para a actividade de cargo público.

Nun momento de desesperación e enfado, o propio Luís Piña, vociferaba que quedaba totalmente prohibido o acceso ao concello, e reclamaba a Domínguez que se tivese persoado cun notario para levantar unha acta que daba conta da falta de transparencia do rexedor e pola que se atopa actualmente imputado.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas