Home Pontevedra Caldas As terapias contra o cancro e a ciencia dos datos centran as...

As terapias contra o cancro e a ciencia dos datos centran as últimas charlas para escolares do Ciclo Aida Fernández Ríos

- Anuncio -

As conferencias, impulsadas pola Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias, serán impartidas por María Dolores Mayán e Rosa María Crujeiras e terán lugar este martes no IES Ponte Caldelas e no IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas

As charlas de María Dolores Mayán e Rosa María Crujeiras porán fin este martes 5 de decembro ao IV Ciclo de Conferencias “Aida Fernández Ríos”, organizado pola Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) nos centros educativos da provincia. As terapias contra o cancro e a ciencia dos datos porán o broche de ouro ao ciclo nos IES Ponte Caldelas e Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis tras o seu paso polo IES Illa de Ons (Bueu), CPR Aloya (Vigo) e IES de Cotobade.

“Novas terapias que están revolucionando o tratamento contra o cancro”, a cargo de María Dolores Mayán Santo, xefa do grupo de investigación CellCOM, do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), terá lugar ás 12:00 horas no IES Ponte Caldelas. Na súa charla a científica afondará en como a investigación revolucionou o tratamento contra o cancro con novas terapias como a inmunoterapia e as dirixidas a dianas que están presentes en células tumorais. Tamén detallará as estratexias innovadoras que o grupo de investigación CellCOM está a desenvolver para mellorar a eficacia destas novas terapias e evitar o desenvolvemento de resistencias. Neste sentido, a doutora Mayán explicará como traballan cunhas proteínas que forman canles que modulan a comunicación celular no microambiente tumoral.

Pola súa banda, no IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis, ás 17:00 horas, Rosa María Crujeiras Casais, directora científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) da Universidade de Santiago de Compostela, impartirá a charla “O que esconden os datos”. Nela, a través de exemplos prácticos de distintos ámbitos como a ecoloxía, a meteoroloxía ou a lingüística, achegará ao alumnado a estatística como ciencia que ordena e analiza os datos, para inferir resultados e obter predicións. Explicará como nunha sociedade na que todo se mide e se cuantifica é preciso dispoñer de ferramentas que permitan analizar de maneira adecuada os datos recollidos para entender os fenómenos que nos rodean e poder tomar decisións acertadas.

O ciclo Aida Fernández Ríos, que promoven conxuntamente a Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias, xurdiu como homenaxe a esta investigadora, bióloga oceanógrafa e académica que faleceu en 2015. A súa principal finalidade é difundir a ciencia e a tecnoloxía e espertar o interese do público por temas de actualidade científica con repercusións directas na sociedade, ao tempo que contribúe á educación e formación en igualdade, visibilizando a grandes referentes femininas do ámbito STEAM. Ao longo deste ano o programa incluíu conferencias web abertas ao público e outras, como estas dúas que pechan o programa, destinadas especificamente ao alumnado de centros educativos.

Relacionadas

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Publicacións Relacionadas