Free Porn
xbporn
Home A Coruña Preto de 800 escolares de Narón e comarca participaron hoxe no “I...

Preto de 800 escolares de Narón e comarca participaron hoxe no “I Cros escolar Concello de Narón”

- Anuncio -

O recinto do CPI O Feal acolleu esta mañá a primeira edición do “Cros escolar Concello de Narón”, no que participaron preto de 800 escolares de oito centros de ensino de Narón e comarca. O Concello de Narón organiza a convocatoria xunto co Club de Atletismo Narón e tamén colabora na mesma a Xunta de Galicia, a través do programa “Xogade” de campo a través. Os edís de Deportes, Ibán Santalla, e Ensino, Olga Ameneiro, acudiron ao evento e participaron na entrega de diplomas xunto con Miguel Soto, presidente do Club de Atletismo Narón e un representante da administración autonómica.
Os participantes percorreron, en función das categorías, 400 metros, 800, 1.200 ou 1.500, disputándose as de benxamín, alevín, infantil e cadete feminino e masculino, respectivamente. As diferentes probas comezaron a desenvolverse ás 10:50 horas e a última carreira deste cros iniciouse ás 12:25 horas, procedéndose posteriormente á entrega de diplomas a todos os participantes.
A convocatoria coincidiu coa conmemoración do 35 aniversario do Club de Atletismo Narón. Participaron no evento escolares dos colexios CPI do Feal, CPR Ayala e CEIP Piñeiros, de Narón e tamén de Unión Mugardesa, de Mugardos; CEIP A Xunqueira, de Fene, e CPI Ponzos e Juan de Lángara e San Xoán de Filgueira, de Ferrol.
O edil de Deportes destacou a excelente acollida que tivo este evento na súa primeira edición e asegurou que “xa estamos pensando en organizar a segunda”. Santalla, xunto coa edil de Ensino, agradeceu a implicación do Club de Atletismo Narón e tamén do colexio do Feal para desenvolver a proba, valorando tamén a colaboración da administración autonómica.

Relacionadas

Paderne arrincará en outubro o seu programa de actividades 2024/2025, ofrecendo preto de 20...

0
§ A iniciativa inclúe actividades físicas e artísticas nas distintas parroquias, así como obradoiros específicos O Concello mantén a súa aposta por ofrecer un programa...

O Concello repartirá un milleiro de unidades da publicación ‘A gata Ágata’, que achega...

0
A concelleira Diana Cabanas participou hoxe no acto de presentación da publicación, acompañada polas autoras, Adelaida Pittaluga e Ana Miranda A concelleira de Emprego, Comercio...

Os consellos parroquiais volverán en outubro para seguir fomentando a participación veciñal na xestión...

0
Os consellos parroquiais retomarán a súa actividade no mes de outubro. Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión...

Miño organiza dous talleres gratuítos sobre posparto, lactacións e alimentación complementaria

0
● Celebraranse o venres 20 e o sábado 21 na aula de formación do Coworking Casa do Pescador. ● As sesións serán impartidas por Paula...

A Reserva de Biosfera elabora un estudo de mercado para impulsar a concesión da...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas elaborou un estudo de mercado para...

O mercado ecolóxico municipal volve mañá ao Campo da Leña, con obradoiros infantís, sorteos...

0
O Concello impulsa unha ampla programación de actividades para todos os públicos, de 10.00 a 15.00 horas O Concello promove esta fin de semana unha...

Publicacións Relacionadas