HomePontevedraAnimación, música e cor no alumeado de Nadal de Chapela

Animación, música e cor no alumeado de Nadal de Chapela

- Anuncio -spot_img

A renovada alameda Rosalía de Castro de Chapela acolleu esta tarde a festa de acendido das luces de Nadal. O evento contou coa música de Paco Nogueiras, a espectacularidade das Aves do Paraíso de Barafunda e a animación da Coca Simona. Na festa, cunha gran afluencia de público, non faltou a neve artificial.
A alcaldesa, Digna Rivas, e a Coca Simona foron as encargadas de facer a conta atrás para o acendido do alumeado de Nadal. A rexedora felicitou as festas á veciñanza de Chapela e salientou que a parroquia conta xa “coa alameda e as instalacións deportivas que merece, con proxectos para seguir humanizándoa e un novo skatepark que estará rematado en breve”.
A luz do Nadal esténdese por todas as parroquias de Redondela con máis de 5.000 metros cadrados de luminarias, 200 arcos e 600 elementos decorativos cun total de 895.000 luces led. As rúas do municipio luce con multitudes de motivos propios destas Festas do Nadal, ao igual que as prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como os mercados municipais ou o antigo viaduto.
O acendido de Nadal de Chapela, previsto para o pasado domingo, tivo que adiarse ata a xornada de hoxe martes por mor da chuvia.

Publicacións Relacionadas