Home Deputacións Deputación Ourense O Consorcio de Augas de Valdeorras aproba un orzamento de 1,7 millóns...

O Consorcio de Augas de Valdeorras aproba un orzamento de 1,7 millóns de euros para 2024

- Anuncio -

Na sede provisoria da Deputación na comarca, a Casa Grande de Viloira, o pleno do organismo de augas aprobou tamén a actualización das taxas para cumprir co establecido na lei pola prestación dos tres servizos incluídos no ciclo integral da auga: abastecemento, rede de sumidoiros e depuración

Na revisión das tarifas tamén se tivo en conta a entrada en vigor, en 2023, das normativas obrigan a aumentar ás análises e os parámetros de calidade das augas

O Pleno do Consorcio de Augas de Valdeorras aprobou hoxe un orzamento de 1,7 millóns de euros para o ano 2024, ademais da actualización das tarifas para cumprir co establecido na lei pola prestación dos tres servizos incluídos no ciclo integral da auga: abastecemento, rede de sumidoiros e depuración.

O presidente da Deputación, Luis Menor, presidiu na sede provisoria da institución provincial en Valdeorras, na Casa Grande de Viloira, a reunión do consorcio coa participación dos representantes dos nove concellos que forman parte do mesmo: Rubiá, Vilamartín, A Rúa, Petín, Larouco, O Bolo, A Veiga, Carballeda e O Barco.

Polo que respecta á revisión das taxas pola prestación dos servizos, o consorcio acordou dúas actualizacións. A primeira delas corresponde a abastecemento e rede de sumidoiros, servizos que esencialmente só se prestan no concello do Barco. Neste caso, as tarifas permanecían sen cambios desde o ano 2012, momento no que comezou a traballar o consorcio en substitución da concesionaria. A veciñanza beneficiouse tamén daquela dunha redución no IVE.

Transcorridos once anos e tendo en conta que normativa vixente obriga a equilibrar o custo dos servizos e taxas, a actualización das tarifas suporá para o 92 % dos abonados, que son de tipo doméstico, unha suba que apenas alcanzará os 3 euros cada tres meses.

No tocante ao servizo de depuración, prestado nos nove municipios do consorcio, a revisión das tarifas, que non experimentaron cambios nos últimos tres anos, teñen en conta tamén o impacto dos custos enerxéticos na xestión e tratamento das augas residuais. Así, a actualización proposta significará apenas 2 euros máis no recibo trimestral para a inmensa maioría de abonados.

Na revisión de todas as tarifas tamén se tivo en conta a entrada en vigor, en 2023, de toda una serie de normativas que aumentan as análises e os parámetros que se deben alcanzar nas augas para conseguir una determinada calidade.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas