Home Ourense Luis Menor pide “contundencia” aos populares ourensáns para garantir que Valdeorras sexa...

Luis Menor pide “contundencia” aos populares ourensáns para garantir que Valdeorras sexa “unha terra conectada e de oportunidades económicas e sociais”

- Anuncio -

· O presidente da xestora provincial pediu alcanzar todos os recunchos da comarca para trasladar o traballo de reivindicación que fan os representantes ourensáns en Santiago e Madrid, esixindo que se remate co “notable déficit de comunicacións” que sofre a comarca tanto en materia ferroviaria como en estradas

· María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda e deputada provincial, e Juan Anta, alcalde da Veiga, coordinarán a acción política do PP en Valdeorras

O presidente da xestora provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, presidiu esta tarde no Barco de Valdeorras a segunda das reunións comarcais iniciadas polo PP ourensán, no marco dun novo sistema de organización que ten como principais obxectivos mobilizar o partido por toda provincia e reforzar a condición de formación política con maior presenza na provincia.

No Barco de Valdeorras déronse cita hoxe alcaldes, portavoces e concelleiros de Carballeda de Valdeorras, O Bolo, Larouco, Petín, A Rúa, A Veiga, Vilamartín e o propio concello barquense, ademais de representantes no Congreso e no Senado, no goberno galego, Parlamento de Galicia, Deputación de Ourense e afiliados, así como membros da organización xuvenil Novas Xeracións.

Acompañado pola secretaria da xestora, Sandra Quintas, Luis Menor comunicou á asemblea comarcal os nomes das persoas que se encargarán de coordinar a acción política do PP en Valdeorras: María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda e deputada provincial, e Juan Anta, alcalde da Veiga.

Luis Menor pediu “contundencia” aos populares ourensáns para conseguir que Valdeorras sexa “unha terra conectada e de oportunidades económicas e sociais”, afirmando que para conseguir ese obxectivo “é imprescindible a participación dun goberno galego colaborador, como o que temos hoxe co presidente Alfonso Rueda, ao que temos que garantir a súa primeira maioría absoluta”.

O presidente provincial avogou por un PP que deixe pegada en todos os concellos de Valdeorras, “unha comarca na que temos que crecer para seguir apuntalando unha provincia popular”.

Ante os cargos institucionais e afiliados, Luis Menor pediu alcanzar todos os recunchos de Valdeorras para trasladar o traballo de reivindicación que fan os representantes ourensáns en Santiago e Madrid, esixindo que se remate co “notable déficit de comunicacións” que sofre a comarca tanto en materia ferroviaria como en estradas, aludindo expresamente ao abandono da A-76, o sistemático retraso na circunvalación do Barco, a carencia de mantemento da N-120 ou os retrasos, avarías e escasas frecuencias de tren.

Na segunda das reunións comarcais do PP de Ourense Luis Menor lembrou que con este sistema de funcionamento quere implicar a todos os representantes populares nas doce comarcas “nun proxecto político ambicioso” que ten como prioridades á provincia e, por extensión, a Galicia.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas