Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López resalta o investimento de case un millón de euros para...

Luis López resalta o investimento de case un millón de euros para construír un parque polideportivo no rural do Grove

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Pontevedra visitou este martes este municipio da comarca do Salnés para asinar un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030 co alcalde Jose Cacabelos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este luns o Concello do Grove para asinar co rexedor José Cacabelos un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis de 740.000 euros, o 80 % do orzamento, o proxecto para construír un complexo polideportivo ao aire libre nunha parcela sen uso no lugar de Bizocas, en San Vicente do Mar. O Concello, pola súa banda, achega o 20 % restante, uns 185.000 euros. “Unha nova mostra de que tendendo pontes entre administracións facemos que a provincia vaia a máis. A máis en instalacións deportivas de calidade, en fomentar hábitos de vida saudable e na transformación de espazos degradados en áreas de interese para a veciñanza e o turismo”, declarou o mandatario provincial despois de asinar o acordo.

A obra, valorada en case 930.000 euros, servirá para construír nunha parcela de case 5.000 metros cadrados que estaba en desuso un parque polideportivo con actividades deseñadas para persoas de todas as idades. Ademais, a ubicación do parque é ideal por lindar co colexio e instituto de As Bizocas e estar próximo á praia de Area da Cruz, polo que será un importante reclamo para a veciñanza e os visitantes. Nesta finca instalarase un circuíto biosaudable, un circuíto de calistenia, un parque infantil, unha cancha de baloncesto ao aire libre e unha pista polideportiva cuberta e con gradas aproveitando a estrutura abandonada que existe nesta parcela. Ao mesmo tempo, crearanse zonas de estancia para fomentar a relación coa natureza e un itinerario peonil que conecte as distintas áreas.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello do Grove realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

O presidente da Deputación aproveitou a súa primeira visita institucional ao Concello do Grove para resaltar a importancia deste tipo de proxectos. “Sempre é un pracer visitar O Grove, pero moito máis se é para avanzar nese municipalismo que rexe a acción de goberno da Deputación, para construír novas instalacións deportivas e para transformar e mellorar a nosa contorna para facela unha referencia en sustentabilidade e respecto pola natureza”, rematou Luis López, quen tamén tivo palabras de agarimo por “tantos anos de dedicación e servizo á cidadanía do Grove” para o rexedor Jose Cacabelos.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas