Home A Coruña A Xunta avanza na súa aposta por un urbanismo responsable coa aprobación...

A Xunta avanza na súa aposta por un urbanismo responsable coa aprobación do PXOM de Ordes

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez reitera que o Goberno galego segue a traballar cos concellos para impulsar o obxectivo de dotar a todas as entidades locais dun instrumento urbanístico acorde coas súas necesidades e co marco normativo vixente

— Esta nova ferramenta urbanística marcará a evolución deste municipio nos próximos 16 anos e beneficiará aos máis de 12.600 habitantes que se distribúen nas 13 parroquias que conforman este municipio coruñés

A Xunta de Galicia avanza na súa aposta por un urbanismo responsable coa aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Ordes, tal e como salientou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Durante o acto de sinatura da orde de aprobación definitiva xunto co alcalde da localidade, José Luis Martínez Sanjurjo, a vicepresidenta segunda explicou que esta nova ferramenta urbanística marcará a evolución deste municipio nos próximos 16 anos e beneficiará aos máis de 12.600 habitantes que se distribúen nas 13 parroquias que conforman este municipio coruñés.

Nesa liña, o estudo da superficie do concello determinou que o 92,25% do territorio é solo rústico; o 5,98% correspóndese con núcleos rurais; o 1,15% é solo urbano, e o 0,62%, urbanizable.

Segundo dixo a vicepresidenta segunda, este novo PXOM ten como obxectivos principais a reestruturación do tecido urbano para acadar o equilibrio urbanístico; a potenciación da localidade como un centro comercial e de servizos da comarca; a ordenación das industrias existentes e a previsión de ampliar o parque empresarial de Merelle ou a dotación dunha bolsa de solo industrial en Pardiñas, así como a mellora da rede viaria.

A maiores, ao considerar o medio rural deste concello como parte fundamental do mesmo, búscase fortalecer os núcleos e parroquias, recuperar o patrimonio cultural e garantir a preservación e conservación da riqueza ambiental do municipio potenciando as áreas con alto valor ecolóxico e as súas paisaxes.

Ademais, este PXOM prevé unha reserva de máis de 330.000 m2 para espazos libres e zonas verdes e preto de 195.000 m2 destinaríanse a equipamentos comunitarios para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Para concluír, Ángeles Vázquez reiterou que a Xunta seguirá a traballar cos concellos para impulsar o obxectivo de dotar a todas as entidades locais dun instrumento urbanístico á altura das súas necesidades e acorde co marco normativo vixente.

De feito, o Concello de Ordes recibiu axudas por un importe de máis de 300.000 euros para levar a cabo este procedemento e, nesa liña, no proxecto de orzamentos do vindeiro ano, o Goberno galego reserva unha partida de 4 millóns de euros para apoiar ás administracións locais no desenvolvemento de plans xerais de ordenación municipal e de plans básicos municipais.

Relacionadas

Case 1.500 persoas participarán este domingo na Carreira Popular de Novo Mesoiro

0
A cita deportiva porá o peche ao circuíto Coruña Corre deste ano Este domingo disputarase a Carreira Popular de Novo Mesoiro, que marcará o peche...

Adxudicado o subministro da iluminación do Nadal de 2024-2025 na Pobra

0
O Concello da Pobra do Caramiñal informa da adxudicación do alugueiro, montaxe, mantemento e retirada do alumeamento ornamental exterior para a tempada do Nadal...

Adxudicada a renovación do firme de tres rúas do centro da Pobra

0
O Concello da Pobra do Caramiñal informa da adxudicación da pavimentación das rúas Manuel Murguía, Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, financiada polo POS+2022. Esta intervención...

Lete Lasa repasa os éxitos olímpicos e paralímpicos de Galicia e a xestión do...

0
— Na lección inaugural do curso 2024/2025 da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, o secretario xeral falou dos 144 olímpicos...

A AGFA do Eume e o Concello ofrecen un curso de poda de inverno

0
A AGFA do Eume e o Concello continúan traballando para mostrar as posibilidades de desenvolvemento que ofrece a actividade frutícola. Nese camiño, a entidade...

Puntos violetas e obradoiros formativos nos institutos e colexios polo 25-N

0
Para continuar coa prevención e concienciación sobre a violencia de xénero e avanzar na educación en igualdade, o Concello está organizar diversas actividades formativas...

Publicacións Relacionadas