Home A Coruña O goberno de Cabanas renuncia a celebrar o Mercado de Nadal

O goberno de Cabanas renuncia a celebrar o Mercado de Nadal

- Anuncio -

Logo de tres edicións, o Mercado de Nadal de Cabanas convertérase nun referente na comarca do Eume.

O BNG cre que o PP carece de proxectos, ideas e ganas para traballar por Cabanas

Este ano non haberá Mercado de Nadal en Cabanas. O goberno municipal (PP) decidiu non celebrar un evento que fora promovido pola área de promoción económica e turismo do anterior goberno (BNG) e que despois de tres edicións convertérase nun referente na comarca do Eume e nunha grande oportunidade para mercar os agasallos de Nadal, apostando polo comercio de proximidade.

Desde o BNG apuntan que desde a chegada do PP á alcaldía, grazas á posición de Somos Cabanas, Cabanas retrocedeu en todas as áreas. “Bastaron seis meses para ver que o PP carece de proxectos, ideas e ganas de traballar por Cabanas”, e lamentan que “a única política fose a de baleirar áreas como as de igualdade, promoción económica e turismo ou medio ambiente, referentes do anterior goberno e hoxe en día sen actividade”.

“Vemos como o PP está a suprimir todo o que supoña o máis mínimo esforzo para os seus concelleiros”, apuntou o portavoz municipal do BNG, Iago Varela. “Só aparecen para sacar fotos coa delegada da Xunta e outros cargos do PP que desfilan polo concello desde xuño celebrando os logros do anterior goberno”, concluíu.

Visita do Apalpador

Desde o BNG quixeron agradecer o esforzo da Asociación de Mulleres Cabanas Rural por manter a visita do Apalpador -que se viña facendo no Mercado de Nadal- a pesar de que o Concello de Cabanas non celebre o Mercado, e animan á veciñanza a asistir á cita convocada pola asociación para o domingo ás 17 horas.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas