Home A Coruña A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polas comarcas de Fisterra e da Mariña

- Anuncio -

― As novas actuacións levaranse a cabo na estrada AC-445, no municipio de Fisterra; e na LU-540, ao seu paso por Viveiro, Ourol, Xermade e Muras

― Na provincia de Ourense proseguirán as limpezas en marcha na OU-504, ao seu paso polos municipios do Carballiño, Maside e Leiro

― Continuarán os traballos nas marxes da autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño; ou nas vías de altas prestacións AG-46 e na CG-4.1, que comunican Moaña e Cangas

― Estas tarefas forman parte do novo contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polas comarcas de Fisterra e da Mariña.

As novas actuacións levaranse a cabo na estrada AC-445, no municipio de Fisterra; e na LU-540, ao seu paso por Viveiro, Ourol, Xermade e Muras.

Tamén continuarán as intervencións que xa están en marcha en distintas vías autonómicas, como na autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño.

En Lugo avanzarán as actuacións na vía de altas prestacións que comunica Viveiro e Xove (C.G-2.3).

Tamén en Ourense continuarán os traballos na OU-504, ao seu paso polos municipios do Carballiño, Maside e Leiro.

Na provincia de Pontevedra seguirán as intervencións nas marxes da AG-46, que comunica Moaña e Cangas; e na CG-4.1, que une tamén os municipios de Moaña e Cangas.

Control de biomasa
Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas