Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Campo Lameiro A Deputación destina 3.700 euros a mellorar a contorna comercial do concello...

A Deputación destina 3.700 euros a mellorar a contorna comercial do concello de Campo Lameiro con prazas de aparcamento accesibles

- Anuncio -

A actuación, enmarcada no proxecto “Da túa man” (rural II), conta cun orzamento total de case 50.000 euros para 9 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello de Campo Lameiro cun orzamento de 3.717 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado. Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área. En concreto, no concello de Campo Lameiro dotarase de accesibilidade a unha praza de aparcamento en liña xa existente na estrada de Codeseda á altura da Praza Campo da Feira, e incluiranse tres xardineiras como elementos para delimitar e embelecer a zona comercial ao comezo de dita estrada, na contorna dos lavadoiros próximos á panadería e á farmacia.

En total, son 49.333 euros os destinados no conxunto da provincia a esta actuación, que permitirán instalar prazas de aparcamento accesibles e xardineiras nas contornas comerciais de outros oito concellos, ademais de Campo Lameiro: Arbo, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Pontecesures e Rodeiro. “Da túa man” (rural II), dotado con 500.000 euros e financiado cos fondos Next Generation, busca visibilizar e modernizar ao pequeno comercio e á hostalería local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular, así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes. Así mesmo, preténdese crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de km 0.

Ademais desta iniciativa que acaba de lanzar a Deputación, “Da túa man (rural II)” abrangue outros proxectos como a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a posta en marcha dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, a instalación de sinalética integrada, a promoción de bolsas e mochilas sostibles, a posta en marcha de campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais e diferentes accións formativas.

Relacionadas

O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do...

0
A orientación da marquesiña responde a cuestións de seguridade e accesibilidade, ademais de evitar molladuras e incomodidades nos días de mal tempo O concelleiro de...

O Museo do Mar organiza unha nova edición da súa homenaxe ás mulleres e...

0
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto coa directiva da asociación este evento, que será este domingo e contará cun recoñecemento pola mañá...

O Concello informa dun corte puntual da auga en Jaime Janer o luns 23...

0
Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río...

10 anos, récord de participación e dúas olímpicas: a Masterclass de Agarimo que encherá...

0
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que...

0
Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms. Un total de 650 persoas formalizaron...

A Eurocidade Cerveira Tomiño súmase por primeira vez á Semana Europea do Deporte

0
Baixo o lema #BeActive promoverá a actividade física con accións dirixidas a todos os públicos do 23 ao 29 de setembro A Eurocidade Cerveira-Tomiño prepárase...

Publicacións Relacionadas