Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina 6.500 euros a mellorar a contorna comercial do concello...

A Deputación destina 6.500 euros a mellorar a contorna comercial do concello de Rodeiro con prazas de aparcamento accesibles

- Anuncio -

A actuación, enmarcada no proxecto “Da túa man” (rural II), conta cun orzamento total de case 50.000 euros para 9 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello de Rodeiro cun orzamento de 6.481 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado. Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área. En concreto, no concello de Rodeiro dotarase de accesibilidade a unha das prazas de aparcamento en batería existentes na intersección da rúa da Piscina coa rúa A, e incluiranse seis xardineiras ao outro lado da rúa A, fronte á praza, concretamente na travesía da Clínica para delimitar e embelecer a zona comercial.

En total, son case 50.000 euros os destinados no conxunto da provincia a esta actuación, que permitirán instalar prazas de aparcamento accesibles e xardineiras nas contornas comerciais de outros oito concellos, ademais de Rodeiro: Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves e Pontecesures. “Da túa man” (rural II), dotado con 500.000 euros e financiado cos fondos Next Generation, busca visibilizar e modernizar ao pequeno comercio e á hostalería local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular, así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes. Así mesmo, preténdese crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de km 0.

Ademais desta iniciativa que acaba de lanzar a Deputación, “Da túa man (rural II)” abrangue outros proxectos como a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a posta en marcha dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, a instalación de sinalética integrada, a promoción de bolsas e mochilas sostibles, a posta en marcha de campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais e diferentes accións formativas.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas