Home Deputacións Deputación Pontevedra O espectáculo de marionetas “Animalia” chega este mércores a Dozón no marco...

O espectáculo de marionetas “Animalia” chega este mércores a Dozón no marco do ciclo teatral da Deputación

- Anuncio -

A función terá lugar no CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón ás 17:00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo

O ciclo de teatro da Deputación de Pontevedra “Tornar ás táboas” chega este mércores 20 de decembro a Dozón con “Animalia”, a cargo da compañía “A cova das letras”. O espectáculo de marionetas, dirixido a un público infantil e familiar, terá lugar a partir das 17:00 horas no CEIP Pío Cabanillas Gallas e a entrada será libre ata completar o aforo.

Con temáticas como o vexetarianismo, o respecto pola natureza, a clasificación de animais, a tintura dos tecidos, as plantas e as cancións populares, “Animalia” presenta a historia da doutora Pata e do seu axudante Pico, que traballan nun santuario de animais abandonados ou feridos. Nel, Pata e Pico traballan sen descanso, cantan, xogan, rin e contan fermosas historias para que a estancia destes animais sexa o máis agradable posible.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, dende outubro e ata finais deste mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas